
DÉPOR FABRIL · 30 XULLO 2026
MANUEL PABLO RECIBE O 'BANQUILLO DE ORO', UN RECOÑECEMENTO AO TRABALLO, Á HUMILDADE E AO SENTIMENTO BRANQUIAZUL
Hai premios que van máis alá do resultado e poñen en valor unha maneira de entender o fútbol. Este xoves 30 de xullo, Manuel Pablo recibiu no Dépor Training Center o Banquillo de Oro, que o acredita como mellor adestrador do Grupo I de Segunda Federación, un recoñecemento a unha temporada de traballo, dedicación e compromiso á fronte do Fabril.O galardón foi entregado por Iván Cancela, presidente do Comité de Adestradores da RFEF, nun acto cargado de simbolismo celebrado nun lugar moi especial: o campo principal do Dépor Training Center, un espazo que leva o nome de Arsenio Iglesias, referente eterno do deportivismo tanto como futbolista como como adestrador.Fiel á discreción e ao espírito de equipo que sempre marcaron a súa traxectoria, Manuel Pablo quixo compartir este recoñecemento con quen fixeron o camiño ao seu carón. Acompañado por Ismael Arilla, director de Fútbol Formativo do RC Deportivo, dedicou o premio a todo o seu corpo técnico: Juan Villamisar, Álex Carballo, David Vidal e Alberto Suárez, salientando que os logros son sempre froito do traballo colectivo.

O Banquillo de Oro recoñece moito máis ca unha gran temporada. Premia a capacidade de formar futbolistas, de transmitir valores e de facer medrar os novos talentos de #ANOSACANTEIRA, mantendo viva unha identidade que acompañou a Manuel Pablo desde que chegou ao RC Deportivo.Despois de deixar unha pegada imborrable sobre a herba, o exfutbolista continúa escribindo a súa historia desde o banco, guiando a unha nova xeración de deportivistas coa mesma entrega, humildade e paixón que sempre o caracterizaron.Hai persoas que representan como poucas o escudo que defenden. E Manuel Pablo é, sen dúbida, unha delas. O seu recoñecemento é tamén o recoñecemento a unha maneira de traballar e de sentir o RC Deportivo que seguirá inspirando a quen soña con vestir algún día a camiseta branquiazul.


Á venda as entradas de público para o Trofeo Teresa Herrera d...

Xoel López anuncia o nome do himno do Dépor, Voa, e as colabo...

Primeiro e esixente amigable do Fabril, derrotado pola mínima...

A pretemporada deportivista trasládase a Alemaña e Italia

Aubameyang decide para o Dépor o Trofeo Concello de Vilalba

A solidariedade do deportivismo, repartida en Venezuela da ma...