
DÉPOR · 30 XULLO 2026
Á VENDA AS ENTRADAS DE PÚBLICO PARA O TROFEO TERESA HERRERA DO MÉRCORES 12 E XOVES 13 DE AGOSTO
Están á venda as entradas de público para o partido deste mércores 12 de agosto ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR correspondente á 81ª edición do Trofeo Teresa Herrera masculino entre o Deportivo e o Real Madrid CF; e para o partido do xoves 13 ás 17:00 correspondente á 14ª edición feminina entre o Dépor ABANCA e o FC Porto.As persoas abonadas do RC Deportivo poden acceder directamente co seu carné; e terán preferencia para a compra de entradas ata este venres 31 de xullo ás 19:00 horas.
É preciso lembrar que a entrada ao partido do Dépor ABANCA será gratuíta unicamente para aqueles abonados que pagasen no seu abono o suplemento para asistir aos partidos de As Nosas.Ademais, asistir ao Trofeo Teresa Herrera feminino leva un agasallo, consistente en gozar dunha entrada de balde ao Dépor Museo & Tour ata o 30 de setembro de 2026.As entradas poden adquirirse en calquera momento a través de ticketing.rcdeportivo.es e nas billeteiras do Palacio dos Deportes o mércores 12 desde as 18:00 e o xoves 13, desde as 15:00 horas.Todas aquelas persoas abonadas que non poidan asistir ao partido teñen a oportunidade de liberar o seu asento para que outro deportivista ocupe o seu lugar a través da app ou premendo neste enlace.
No caso de que se venda a súa entrada, recibirá o 50% do importe da venda.

O Dépor xa prepara o partido do luns 2 de novembro ante CA Os...

Noé Carrillo: "Para gañarme un posto no primeiro equipo teño ...

Antonio Hidalgo advirte tras a vitoria copeira que "non é sin...

Os Nosos adéstranse de novo este venres 30 de outubro ás 12:0...

O Dépor vence ao Auriense CA e supera a primeira rolda da Cop...

Antía Veiga e España despedíronse do Mundial sub-17 en oitavo...