RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Manuel Pablo: "Vemos a categoría, vemos os resultados e hai moita igualdade"

DÉPOR FABRIL · 24 SETEMBRO 2026

MANUEL PABLO: "VEMOS A CATEGORÍA, VEMOS OS RESULTADOS E HAI MOITA IGUALDADE"

Manuel Pablo afirmou este xoves 24 de setembro na sala de prensa do Dépor Training Center que este sábado 26 de abril ás 18:45 (Fan Play TV) a ABANCA-RIAZOR "vén un rival (en referencia ao Real Unión de Irún) de características distintas, pero un dos máis competitivos da liga, con físico, con xogadores de calidade, que mesmo xogaron na Primera División".O técnico fabrilista insiste en que "vemos a categoría, vemos os resultados e hai moita igualdade".Insiste en que "non coñeciamos a categoría, estabamos un pouco expectantes. Queriamos facelo ben e estamos conseguindo cousas positivas, pero están a custarnos outras situacións, como os duelos directos contra rivais que se cadra se manexan mellor nesa situación".Lembra que no pasado partido ante o Athletic Club B en Lezama "estivemos bastante imprecisos. Temos que mellorar esas situacións nas que roubamos arriba e non estamos a sacar todo o rendemento que temos que sacar. Desgastámonos moito na presión alta e non xeramos tanto como deberiamos".Finalmente, Manuel Pablo pide "ir medrando sabendo que os rivais non son fáciles e que tamén che complican moito. É unha liga moi competitiva".Así, pon como exemplo o CP Cacereño, que "foi un rival contra o que competimos bastante ben, ante o que puidemos estar aí para gañar ese partido, e está arriba. Iso amósache a igualdade que hai".

Real Club Deportivo de A Coruña