
DÉPOR · 24 SETEMBRO 2026
O RC DEPORTIVO DÁ UN PRIMEIRO PASO EN MÉXICO PARA IMPULSAR A SÚA ESTRATEXIA INTERNACIONAL
O RC Deportivo deu en México un novo paso dentro da súa estratexia de crecemento internacional, cunha axenda de traballo orientada a reforzar a presenza do Club, estreitar relacións e abrir novas vías de negocio e colaboración.A expedición deportivista estivo encabezada pola vicepresidenta do RC Deportivo, Michelle Clemente, e contou tamén coa presenza do conselleiro delegado, Massimo Adalberto Benassi; o director de desenrolo de negocio, Manuel Hallett; e o responsable comercial e de patrocinios, Alejandro Vidal.Durante a súa estadía no país norteamericano, a delegación branquiazul mantivo diferentes encontros con representantes do tecido empresarial e institucional mexicano, co obxectivo de presentar o proxecto do RC Deportivo, xerar novas conexións e sentar as bases de futuras colaboracións.Unha ponte entre Galicia e MéxicoUn dos primeiros encontros tivo lugar en UMEGAL (Unión Mexicana de Empresarios Gallegos), onde a representación deportivista puido achegar o proxecto do Club á comunidade empresarial galega establecida en México.A reunión permitiu compartir a dimensión e os valores do RC Deportivo, ademais de identificar posibles puntos de encontro con empresas e profesionais vinculados a Galicia e México. Un vínculo histórico e cultural que constitúe tamén unha oportunidade para estreitar lazos arredor do proxecto branquiazul.Posteriormente, a delegación trasladouse á Cámara Española de Comercio en México, onde presentou o proxecto do RC Deportivo ante empresas, institucións e profesionais.Durante o encontro puxéronse en valor a historia e a dimensión do Club, a súa audiencia, a súa proposta comercial e as diferentes posibilidades de colaboración con empresas mexicanas e internacionais.Das relacións aos proxectosEsta visita representa un novo paso dentro dunha estratexia internacional que busca transformar a presenza do RC Deportivo fóra de Galicia en novas relacións, oportunidades e proxectos a longo prazo.México, pola súa dimensión empresarial, a súa conexión histórica con Galicia e a súa capacidade para xerar novas oportunidades, convértese así nun mercado de especial interese estratéxico para o Club.A delegación deportivista logrou novos contactos e abriu vías de colaboración, coa mirada posta en seguir construíndo unha rede internacional que lle permita ao RC Deportivo conectar a súa historia e a súa identidade con novos territorios, empresas e afeccionados.

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA de visi...

Os Nosos retoman os adestramentos o mércores 30 ás 10:30 no D...

Dobrete de Kevin no empate do Dépor en Penafiel con debut dos...

O Fabril mídese ao Real Unión este sábado ás 18:45 en ABANCA-...

Zakaria Eddahchouri, operado con éxito do seu pulso esquerdo ...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...