RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA estará representado por Marisa García e Ainoa Gómez na gran final do Mundial sub-20

DÉPOR ABANCA · 23 SETEMBRO 2026

O DÉPOR ABANCA ESTARÁ REPRESENTADO POR MARISA GARCÍA E AINOA GÓMEZ NA GRAN FINAL DO MUNDIAL SUB-20

Foto: RFEF.esA España sub-20 das deportivistas Marisa García e Ainoa Gómez (na foto co dorsal 14) clasificouse este mércores 23 de setembro ante Italia para disputar a gran final do Campionato do Mundo da categoría.O encontro, inédito entre ambas as seleccións, caeu do lado das españolas por 0-2.Ainoa Gómez foi titular e foi substituída no minuto 73 por Celia Segura. Nese mesmo minuto saltou ao céspede Marisa García, que substituíu a Alba Cerrato.O rival na gran final do domingo 27 de setembro ás 18:00 será a República Popular Democrática de Corea, que goleou a Colombia (3-0) na outra semifinal.A selección española chegou a este encontro tras eliminar a Brasil nos cuartos de final: 0-1.Marisa saltou ao campo no minuto 66 en substitución de Alba Cerrato, mentres que Ainoa Gómez seguiu o encontro desde o banco.Nos oitavos de final, España superou por 2-0 a Portugal cun gol de Marisa, o seu 4º no torneo, e con Ainoa Gómez tamén como titular.As dúas xogadoras do Dépor ABANCA participaron nos 3 encontros de España na Primeira Fase. Saíron de inicio ante Nixeria e Nova Caledonia, mentres que xogaron na segunda metade do terceiro encontro ante a República Popular China.O calendario de partidos da selección española no Mundial, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FaseLuns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembroESPAÑA 11 - NUEVA CALEDONIA 0Domingo 13 de setembroREPÚBLICA POPULAR CHINA 1 - ESPAÑA 3Mércores 16 de setembroOitavos de finalESPAÑA 2 - PORTUGAL 0Sábado 19 de setembroCuartos de finalBRASIL 0 - ESPAÑA 1Mércores 23 de setembroSemifinaisITALIA 0 - ESPAÑA 2Domingo 27 de setembroFinal18:00: ESPAÑA - REPÚBLICA POPULAR DEMOCRÁTICA DE COREA, no Estadio Miejski LKS de Lodz