
DÉPOR · 1 SETEMBRO 2026
MARC CASADÓ REFORZA O CENTRO DO CAMPO DO DÉPOR
Marc Casadó Torras (Sant Pere de Vilamajor, Barcelona, 14 de setembro de 2003) convértese en novo xogador do RC Deportivo. O centrocampista chega cedido polo FC Barcelona ata xuño de 2027, cunha opción de compra ao remate do período de cesión.Casadó é un mediocentro que tamén pode actuar como lateral dereito e que se formou nas categorías inferiores do conxunto azulgrana. Malia a súa xuventude, conta xa cunha notable experiencia no fútbol de alto nivel e cun destacado palmarés, con 2 títulos de Liga, 1 Copa del Rey e 2 Supercopas de España.Na súa traxectoria co primeiro equipo do FC Barcelona, o novo futbolista deportivista disputou 49 partidos en LaLiga EA Sports, nos que marcou 1 gol e deu 4 asistencias. Ademais, participou en 19 encontros da UEFA Champions League, con 2 asistencias; 5 da Copa del Rey; e 2 da Supercopa de España, nos que sumou 1 asistencia.Internacional en todas as categorías inferiores da selección española, Marc Casadó tamén tivo a oportunidade de vestir en 2 ocasións a camiseta da selección absoluta.Coa súa incorporación, o Dépor suma ao seu cadro de xogadores un futbolista de gran proxección e versatilidade, pero xa consolidado no fútbol de máximo nivel e con experiencia tanto en competición nacional como internacional.

O triunfo do Infantil en Narón este martes 1 de setembro abri...

José María Giménez, novo xogador do Dépor

Lucas Castro, Héctor Areosa, Pablo Cortés e Luisao non contin...

Eric Puerto, cedido ao FC Penafiel

El Fabril recibe á SD Ponferradina o domingo 13 de setembro e...

José Ángel Jurado deixa de ser xogador do RC Deportivo