
FUNDACIÓN · 26 FEBREIRO 2025
MARINA ARTERO PASOUSE POLA SEDE DE SADA DA ESCOLA RC DEPORTIVO E RAQUEL, POLA DE ALVEDRO
Emocionante semana para as Escolas RC Deportivo coas visitas de varias futbolistas do Deportivo ABANCA.Así, hoxe mércores Marina Artero gozou cos 40 nenos e nenas das dúas quendas dos mércores da sede de Sada (16:15 e 17:15), situado no campo das Mariñas.Pola súa banda, Raquel García estivo co medio centenar de alumnos e alumnas das tres quendas dos mércores (16:30, 17:30 e 18:30) na sede de Alvedro.Como é habitual, as xogadoras responderon as inquietudes dos nenos e nenas, asinaron autógrafos en camisetas, postais... e sacáronse fotos con todos, incluída unha foto de familia.Tanto en Sada como na sede de Alvedro da Escola RC Deportivo hai prazas libres na quenda dos mércores das 16:15 e 16:30 respectivamente.Máis información en .Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].A sede de Alvedro amplía este curso de 7 a 9 quendas: luns ás 16:30, 17:30 e 18:30; mércores ás 16:30, 17:30 e 18:30; e venres ás 17:30, 18:30 e 19:30.E en Sada están en funcionamento catro quendas: mércores ás 16:15 e 17:15; e venres ás 16:15 e 17:15.


O Dépor repasa o plan para "un partido moi difícil" pero coa ...

Tarde inesquecible na sede de Alvedro da Dépor Escola Feiraco...

Preguntas e respostas relativas á consulta vinculante sobre a...

O RC Deportivo abrirá un proceso de consulta entre os seus ab...

Inês Pereira mídese con Portugal a Letonia e Finlandia este m...

Mario Soriano quere "seguir con esa ilusión, con esa ambición...