
DÉPOR ABANCA · 26 SETEMBRO 2026
MARISA GARCÍA E AINOA GÓMEZ XÓGANSE ESTE DOMINGO 27 ANTE A REPÚBLICA POPULAR DEMOCRÁTICA DE COREA A MEDALLA DE OURO DO MUNDIAL SUB-20
Foto: https://x.com/SEFutbolFemA España sub-20 das deportivistas Marisa García e Ainoa Gómez (na foto cos dorsais 9 e 14 respectivamente) disputará este domingo 27 de setembro ante a República Popular Democrática de Corea a gran final do Campionato do Mundo da categoría.O encontro arrincará ás 18:00 no Estadio Miejski LKS da cidade polaca de Lodz e será retransmitido en directo en Teledeporte e RTVE Play.As norcoreanas chegan á final cunha traxectoria impecable.Na fase de grupos remataron na 1ª posición do grupo E tras derrotar a Portugal (2-0), Costa Rica (4-0) e Colombia (0-3).Xa na fase eliminatoria, a República Popular Democrática de Corea eliminou nos oitavos de final a Xapón (2-0), nos cuartos a Canadá (2-0) e nas semifinais a Colombia (3-0); é dicir, 16 goles a favor e ningún en contra.Pola súa banda, o combinado español chega tras eliminar a Italia por 0-2 nas semifinais.Ainoa Gómez foi titular e foi substituída no minuto 73 por Celia Segura. Nese mesmo minuto saltou ao céspede Marisa García, que substituíu a Alba Cerrato.Nos cuartos de final, España apeou a Brasil: 0-1.Marisa saíu ao campo no minuto 66 en substitución de Alba Cerrato, mentres que Ainoa Gómez seguiu o encontro desde o banco.Nos oitavos, superou por 2-0 a Portugal cun gol de Marisa, o seu 4º no torneo, e con Ainoa Gómez tamén como titular.E, finalmente, as dúas xogadoras do Dépor ABANCA participaron nos 3 encontros de España na Primeira Fase. Saíron de inicio ante Nixeria e Nova Caledonia, mentres que xogaron na segunda metade do terceiro encontro ante a República Popular China.O calendario de partidos do combinado español no Mundial, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FaseLuns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembroESPAÑA 11 - NUEVA CALEDONIA 0Domingo 13 de setembroREPÚBLICA POPULAR CHINA 1 - ESPAÑA 3Mércores 16 de setembroOitavos de finalESPAÑA 2 - PORTUGAL 0Sábado 19 de setembroCuartos de finalBRASIL 0 - ESPAÑA 1Mércores 23 de setembroSemifinaisITALIA 0 - ESPAÑA 2Domingo 27 de setembroFinal18:00: ESPAÑA - REPÚBLICA POPULAR DEMOCRÁTICA DE COREA, no Estadio Miejski LKS de Lodz

Resultados deste sábado 26 en ANOSACANTEIRA e calendario para...

Vitoria do Fabril ante o Real Unión nun partido no que «o res...

O fútbol sen límites chega ao Dépor Training Center co Dépor ...

Abertos este domingo 27 de setembro desde as 16:00 os despach...

Dépor ABANCA e RCD Espanyol, igualados a puntos, vense as car...

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA de visi...