
CANTERA · 14 ABRIL 2026
MAURO VALEIRO, CITADO POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-17 PARA DOUS AMIGABLES ANTE UCRAÍNA EN CÓRDOBA
Mauro Valeiro Méndez (A Coruña, 1 de setembro de 2009) foi citado pola selección española sub-17 para disputar dous partidos amigables ante Ucraína o 21 e o 23 de abril en Córdoba.Estes dous encontros servirán de preparación para a Fase Final do Campionato de Europa da categoría e poderanse seguir nas canles oficiais da RFEF.O calendario de partidos do canteirán deportivista é o seguinte:Martes 21 de abril19:30: ESPAÑA - UCRAÍNA, no Estadio Nuestra Señora de Luna (Pozoblanco)Xoves 23 de abril11:00: ESPAÑA - UCRAÍNA, no Estadio Bahrain Victorious Nuevo Arcángel (Córdoba)Finalizado este choque, Mauro Valeiro regresará á Coruña.O centrocampista do Xuvenil A é un dos habituais nas últimas convocatorias deste combinado nacional.Así, proclamouse campión do torneo internacional no Algarve (Portugal) e tamén xogou en marzo a Rolda 2 de clasificación ante Irlanda del Norte, Escocia e Turquía, fase na que certificou a súa clasificación para o Campionato de Europa.O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na temporada 2017-18, xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16.Mauro Valeiro suma a día de hoxe 22 partidos co Xuvenil A na División de Honra, 18 deles como titular; nos que anotou 2 goles.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...