
CANTERA · 3 XUÑO 2025
MICHI APÓSTOL FOI TITULAR CON VENEZUELA NO SEU SEGUNDO AMIGABLE ANTE NUEVA ZELANDA
A deportivista Michi Apóstol estivo concentrada coa selección de Venezuela en Andalucía.As venezolanas medíronse en dous amigables de preparación a Nueva Zelanda.O segundo deles foi este martes 3 de xuño no Estadio Nuevo Mirador de Algeciras e o triunfo foi para as neozelandesas por 1-2.A canteirá branquiazul saíu no once inicial e dispuxo dalgunha ocasión para marcar, como un disparo aos 71 minutos, con 1-1 no marcador, que detivo o porteiro neozelandesa.Aos 78 minutos, Michi Apóstol foi relevada por Camila Pescatore.O primeiro dos encontros entre ambas as seleccións xogouse o pasado sábado 31 de maio no Marbella Football Center.Nesta ocasión venceron as venezolanas por 1-3 e a xogadora do Dépor ABANCA B tamén tivo minutos de xogo. Saltou ao céspede no minuto 70 en substitución doutra ex deportivista, Michelle Romero.Os resultados de Michi Apóstol foron os seguintes:Sábado 31 de maioNUEVA ZELANDA 1 - VENEZUELA 3Martes 3 de xuñoVENEZUELA 1 - NUEVA ZELANDA 2Michi Apóstolo foi unha das grandes artífices do ascenso do Dépor ABANCA B a Segunda Federación. Xogou un total de 22 partidos, 21 deles como titular, e anotou 26 goles, converténdose na 2ª máxima goleadora do grupo 1º de Terceira Federación.

María Pita estoupa de ledicia cos ídolos blanquiazules

Os Nosos reciben o cariño de ABANCA e Estrella Galicia nunha ...

O RC Deportivo conclúe a súa rolda de visitas institucionais ...

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...