
CANTERA · 14 XULLO 2025
MICHI APÓSTOL SEGUIU DESDE O BANCO O DEBUT DE VENEZUELA NA COPA AMÉRICA
-Foto:A xogadora do Dépor ABANCA B Michi Apóstol e a súa selección, Venezuela, debutaron na Copa América en Quito (Ecuador) despois de varias semanas de preparación en Bogotá (Colombia).Os rivais da futbolista branquiazul son Brasil, Colombia, Paraguai e Bolivia.O primeiro encontro da atacante deportivista, unha das máximas goleadoras de Tercera Federación co Dépor ABANCA B, foi ante o potente Brasil esta pasada madrugada en Galicia.Michi Apóstol non tivo minutos de xogo nun partido que foi para as brasileiras por 2-0.A próxima cita para a canteirá do Dépor ABANCA será na madrugada do xoves ao venres (2:00 horas, 19:00 en Quito) ante Colombia.O calendario de Michi Apóstol na Copa América, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Luns 14 de xulloBRASIL 2 - VENEZUELA 0Xoves 17 de xullo19:00 (2:00 do venres 18 hora galega): VENEZUELA - COLOMBIA, no Estadio Gonzalo PozoSábado 19 de xullo16:00 (23:00 hora galega): VENEZUELA - BOLIVIA, no Estadio Gonzalo PozoSábado 26 de xullo19:00 (2:00 do domingo 27 hora galega): PARAGUAI - VENEZUELA, no Estadio IDVOs dous primeiros de grupo pasan a semifinais e o 3º pelexará polo 5º postoMichi Apóstol é internacional en todas as categorías e ten contrato en vigor polo Dépor ABANCA até xuño de 2027.A outra representante no torneo continental americano é Espe Pizarro, que empatou con Uruguai ante Ecuador no primeiro partido.

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...

Fin de temporada para un Dépor ABANCA que "quere despedirse a...

O Dépor despídese este domingo 31 ante a UD Las Palmas nun am...

Fanzone desde as 10:00, homenaxe ao equipo en ABANCA-RIAZOR d...

O Dépor Genuine participa en Burgos na terceira fase de LaLig...

Tarde de ilusión e sentimento deportivista na Dépor Escola Fe...