
CANTERA · 13 XULLO 2025
MICHI APÓSTOL, ANTE O SEU DEBUT NA COPA AMÉRICA ANTE BRASIL
-Foto:A xogadora do Dépor ABANCA B Michi Apóstol (na foto sentada a primeira de amarelo empezando pola esquerda) e a súa selección, Venezuela, debutan na Copa América en Quito (Ecuador) despois de varias semanas de preparación en Bogotá (Colombia).Os rivais da futbolista branquiazul serán Brasil, Colombia, Paraguai e Bolivia.O primeiro encontro da atacante deportivista, unha das máximas goleadoras de Tercera Federación co Dépor ABANCA B, será ante Brasil ás 2:00 da madrugada do martes 15 de xullo en España, 19:00 horas do luns 14 en Quito.O calendario de Michi Apóstol na Copa América de Quito é o seguinte:Luns 14 de xullo19:00 (2:00 do martes 15 hora galega): BRASIL - VENEZUELA, no Estadio Gonzalo PozoXoves 17 de xullo19:00 (2:00 do venres 18 hora galega): VENEZUELA - COLOMBIA, no Estadio Gonzalo PozoSábado 19 de xullo16:00 (23:00 hora galega): VENEZUELA - BOLIVIA, no Estadio Gonzalo PozoSábado 26 de xullo19:00 (2:00 do domingo 27 hora galega): PARAGUAI - VENEZUELA, no Estadio IDVOs dous primeiros de grupo pasan a semifinais e o 3º pelexará polo 5º postoMichi Apóstol é internacional en todas as categorías e ten contrato en vigor polo Dépor ABANCA até xuño de 2027.A outra representante no torneo continental americano é Espe Pizarro, que empatou con Uruguai ante Ecuador no primeiro partido.

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...

Fin de temporada para un Dépor ABANCA que "quere despedirse a...

O Dépor despídese este domingo 31 ante a UD Las Palmas nun am...

Fanzone desde as 10:00, homenaxe ao equipo en ABANCA-RIAZOR d...

O Dépor Genuine participa en Burgos na terceira fase de LaLig...

Tarde de ilusión e sentimento deportivista na Dépor Escola Fe...