
DÉPOR · 13 AGOSTO 2025
MIGUEL LOUREIRO, NA SÚA PRESENTACIÓN: "O CLUB ESTÁ A DAR PASOS AXIGANTADOS"
Miguel Loureiro Ameijenda (A Silva, Cerceda, 21 de novembro de 1996) foi presentado este mediodía como novo xogador do Dépor até xuño de 2028.Fernando Soriano destacou que é "coruñés, nacido en Cerceda" e que "pode ocupar o lateral dereito, o central dereito, en liña de 3 calquera das posicións".Subliña o Director de Fútbol do Dépor a súa "intensidade, a súa agresividade, experiencia... experiencia que nos faltaba nesa faceta defensiva e vainos a achegar o liderado que nos pode vir moi ben".

Pola súa banda, Miguel Loureiro advertiu que a súa volta ao Dépor foi "bastante complicada. Había que porse de acordo o Deportivo, a SD Huesca e nunha parte estar de acordo co CD Lugo. A SD Huesca sabía a miña intención. Eu tentei falar con eles desde que souben o interese do Dépor, que tratasen de buscar unha solución mellor para todas as partes. Foi difícil porque hai que chegar a puntos de encontro que non son sinxelos. O Dépor fixo un esforzo importante. Eu tamén puxen todo do meu parte para poder estar aquí; e estou moi feliz de que puidese acabar todo ben e estar a gozar do día a día e do Dépor".O novo defensor deportivista admitiu que a presenza de Antonio Hidalgo xogou un papel "bastante importante. Para que un Club aposte por ti teñen que estar de acordo todas as partes dun Club e o corpo técnico é unha parte importante tamén. Desde o primeiro momento quiso traerme aquí, demostroume toda a súa confianza, que quería que estivese aquí con el. Eu encantado. É un técnico ao que lle debo moito, que confiou en min moito. E agradezo ese interese e esa aposta".Con pasado nos infantís de #ANOSACANTEIRA, confesa que "nunca cheguei a imaxinarme xogando no primeiro equipo do Dépor. É certo que estás aquí, en Abegondo, que ves aos xogadores do primeiro equipo, naquel momento en Primera División. A pesar de que os ves preto ao mesmo tempo víao moi lonxe polo que me transmitía a miña contorna, a complexidade do fútbol, a cantidade de rapaces que xogamos e a pouca xente que consegue chegar. Era algo que na miña mente non me atrevía a soñar".

Agora, di estar "moi feliz, moi contento de estar aquí en casa, de vivir isto. O Club está a dar pasos axigantados. As instalacións melloraron dunha forma incrible e o día a día é inmellorable. Mellorou todas as miñas expectativas".Finalmente, recalca "estar cómodo en todas as posicións de atrás. É certo que cos anos vas gañando experiencia, vas sendo capaz de entender máis o fútbol e iso permite adaptarte a diferentes posicións. Vin de competir en central en defensa de 4, en defensa de 5, de central, de carril... É importante ter esa capacidade de adaptación, esa versatilidade que lle dá ao míster variabilidade de utilizar os xogadores. Estou cómodo en todas as posicións e vai depender do plan de partido de cada semana, das necesidades do equipo cada semana".

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...