RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Nace unha nova peña deportivista a 8.200 quilómetros de ABANCA-RIAZOR

DÉPOR · 21 ABRIL 2025

NACE UNHA NOVA PEÑA DEPORTIVISTA A 8.200 QUILÓMETROS DE ABANCA-RIAZOR

O Dépor conta cunha nova pena deportivista máis, unha nova agrupación branquiazul que se une ás xa constituídas esta temporada como A Gándara en Narón; Ave César en Corcubión; e Callos Fans, Pou Monte Alto, Nabizas, Mar de Fora, Rubio, Karallada e Irmandade Branquiazul, todas elas na Coruña. Até aquí todo normal.O extraordinario é que para situala no mapa hai que percorrer 8.200 quilómetros desde ABANCA-RIAZOR posto que esa é a distancia que separa o estadio deportivista da cidade de Hetauda, no corazón de Nepal.Bautizada co nome de Pena NamasDÉ Nepal e presidida por Gonzalo Mosquera, a sede atópase na ONG 'Camina Nepal'.Posto que por temas loxísticos e polas 21 horas que suporía viaxar até o país asiático facía inviable unha visita en persoa, a inauguración foi este mediodía por videoconferencia.Na sala de prensa da Cidade Deportiva foron os padriños os futbolistas Escudero, Jose Ángel, Denis Genreau, Villares, Pablo Martínez e Jaime."Estades todos convidados a vir", anuncioulles o presidente da peña aos xogadores do Dépor, que agradeceron a invitación facendo aos peñistas, maioritariamente nenos e nenas, o xesto dun corazón.