RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Nsongo Bil ve ao Dépor "traballando moi ben" e Mario Soriano ten "sensacións moi boas"

DÉPOR · 20 ABRIL 2026

NSONGO BIL VE AO DÉPOR "TRABALLANDO MOI BEN" E MARIO SORIANO TEN "SENSACIÓNS MOI BOAS"

Os goleadores Nsongo Bil e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.O dianteiro camerunés mostrouse ante os medios de comunicación "moi contento por todo o mundo, por ANOSAFORZA tamén".Cre que "estamos a traballar moi ben" e "imos seguir así, paso a paso".Bil confesou que a dedicatoria do seu gol foi "para o meu irmán, que foi o seu compleanos hoxe".

Pola súa banda, Mario Soriano ten "sensacións moi boas pola vitoria, polo traballo do equipo".O atacante madrileño cre que "estivemos ben desde o primeiro minuto. Os primeiros 30 minutos moi ben ata que chegou é gol que podemos evitar. Metéronnos o penalti pero o equipo non se rendeu, seguiu para adiante".Opina que na segunda metade "veu ese gol pronto e logo o penalti rápido. O equipo mereceu a vitoria, loitou por ela".Finalmente Mario Soriano lembra que "é unha xornada menos, todo está moi igualado e se facemos os deberes, lograremos o obxectivo".