RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Nova semana de parón ligueiro no Dépor ABANCA pero xa coa ilusión e as ganas de gañar o partido do 27 de maio ante o RCD Espanyol en ABANCA-RIAZOR

DÉPOR ABANCA · 11 MAIO 2026

NOVA SEMANA DE PARÓN LIGUEIRO NO DÉPOR ABANCA PERO XA COA ILUSIÓN E AS GANAS DE GAÑAR O PARTIDO DO 27 DE MAIO ANTE O RCD ESPANYOL EN ABANCA-RIAZOR

O Dépor ABANCA arrinca este martes 12 de maio unha semana de parón ligueiro pero con traballo no Dépor Training Center.Os resultados da última xornada, coa vitoria en Lezama ante o Athletic Club, deixaron As Nosas na 11ª posición con 30 puntos.Fran Alonso admite que "é difícil estar tantos días sen competir e tamén sen a posibilidade de conseguir un amigable porque este parón se soubo a semana pasada".Cre que "hai que aceptalo e competir da mellor maneira posible", en referencia ao partido ante o RCD Espanyol do mércores 27 de maio ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR.O técnico deportivista quere "preparar o mellor posible ese partido, coa mente nese partido".Do horario do último partido desta temporada en ABANCA-RIAZOR, un mércores ás 9 da noite, pensa que "non é acertado. Moitos nenos non van poder ir".Iso si, "a ilusión e as ganas de gañar ese partido non nolas vai quitar ninguén", conclúe Fran Alonso.

20260511_plansemanalabanca.jpeg

Están previstos 3 adestramentos no Dépor Training Center ademais dunha actividade grupal o xoves 14 de maio, con esta planificación:Martes 12 de maio10:45Mércores 13 de maio10:45Xoves 14 de maioActividade grupalVenres 15 de maio10:45Sábado 16 de maioDescansoDomingo 17 de maioDescanso

  • 20260511_luciamartinez.jpg
  • 20260511_barbaralatorre.jpg
  • 20260511_vera.jpg
  • 20260511_ainhoamarin.jpg
  • 20260511_abancabilbao.jpg