
CANTERA · 11 XUÑO 2026
NOVA SEMANA DE TORNEOS EN ANOSACANTEIRA E DE ENTREGA DO TROFEO DE CAMPIÓNS DE LIGA PARA O CADETE, ALEVÍN A E BENXAMÍN A
Hai trofeos que representan moito máis ca unha clasificación e son o reflexo de meses de esforzo, aprendizaxe, compromiso e paixón por unhas cores.Por iso, o día vivido no Dépor Training Center este mércores 10 de xuño foi tan especial para tres equipos de ANOSACANTEIRA.O Cadete (na foto principal da noticia), o Alevín A (na foto entre o texto) e o Benxamín A (na foto inferior) recibiron os trofeos que os acreditan como campións das súas respectivas competicións: a División de Honor cadete e a Primera Futgal A Coruña de fútbol 8 nas categorías alevín e benxamín.Foi un acto sinxelo, pero cargado de significado. Un premio ao traballo realizado durante toda a tempada por xogadores, adestradores e familias, que acompañaron cada adestramento, cada partido e cada paso no crecemento destes novos futbolistas.Máis alá dos títulos, estes recoñecementos simbolizan os valores que definen a ANOSACANTEIRA: esforzo, compañeirismo, formación e ambición. Valores que permiten seguir construíndo o futuro do Club desde ANOSACANTEIRA.Cos seus trofeos nas mans e a ilusión reflectida nos seus rostros, os protagonistas da xornada puideron celebrar este premio a unha temporada extraordinaria e un novo motivo de orgullo para toda a familia deportivista.A semana, ademais, afronta outra maratón de torneos amigables.Os primeiros en entrar en xogo serán este venres 12 de xuño o Alevín A e o Benxamín A no Torneo San Bernabé en Cantabria; e o Fabril FC Benxamín na Steel Cup de Polonia.O sábado 13 o San Tirso SD Cadete participa no Internationales Mannheim Masters de Alemaña; o Infantil na Copa Ribadumia Clae Viaxes; e o San Tirso SD Infantil e o Fabril FC Alevín no Torneo Villa de Aranda.O calendario de partidos é o seguinte:Categoría cadeteInternationales Mannheim Masters, en Mannheim (Alemaña)Primera FaseSábado 13 de maio14:25: BE QUICK GRONINGEN - SAN TIRSO SD CADETE15:19: SAN TIRSO SD CADETE - SSV JAHN REGENSBURG16:40: SAN TIRSO SD CADETE - VFR MANNHEIM17:34: SC VERL - SAN TIRSO SD CADETE18:28: FC TSG KÖNIGSTEIN - SAN TIRSO SD CADETEO domingo 14 arrancará a fase de eliminatoriasCategoría infantilIV Copa Ribadumia - Clae Viaxes, no pavillón polideportivo de A SenraSábado 13 de xuñoPrimera Fase11:00: INFANTIL - CD CUATROVIENTOS12:30: INFANTIL - SD MORAZA14:00: INFANTIL - CD AREOSA21:00: INFANTIL - TSK ROCESEn función da clasificación, os equipos pasan á Fase FinalTorneo Internacional Villa de Aranda, no complexo deportivo Juan Carlos HigueroSábado 13 de xuñoPrimera Fase11:50: SAN TIRSO SD INFANTIL - REAL VALLADOLID15:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD GRUJOAN18:15: INDARTSU CLUB - SAN TIRSO SD INFANTILEn función da clasificación, os equipos pasan á seguinte fase

Categoría alevínTorneo San Bernabé, en Torrelavega (Cantabria)Primera FaseVenres 12 de xuño19:00: ALEVÍN A - CD MONTE (campo de Solvay)Sábado 13 de xuño10:40: GETAFE CF - ALEVÍN A (no campo de Santa Ana 2)17:20: ALEVÍN A - EF ESTUDIANTES (no complexo deportivo Óscar Freire)19:00: ALEVÍN A - BASKAURI FE (no complexo deportivo Óscar Freire)Segundo a clasificación, os equipos pasan á Fase FinalTorneo Internacional Villa de Aranda, no complexo deportivo Juan Carlos HigueroSábado 13 de xuñoPrimera Fase11:45: FABRIL FC ALEVÍN - CD VIANA13:15: FABRIL FC ALEVÍN - CA OSASUNA B17:00: FABRIL FC ALEVÍN - CD ARANDA RIBER BEn función da clasificación, os equipos pasan á seguinte faseCategoría benxamínTorneo San Bernabé, en Torrelavega (Cantabria)Primera FaseVenres 12 de xuño20:30: BENXAMÍN A - SD INDAUTXU (campo de El Rubio)Sábado 13 de xuño13:00: BENXAMÍN A - CD SAN PEDRO (no Municipal San Francisco 1)16:20: BENXAMÍN A - ARDOI CF ZIZUR (no Municipal San Francisco 1)18:20: BENXAMÍN A - LA CISTÉRNIGA (no Municipal San Francisco 1)Segundo a clasificación, os equipos pasan á Fase FinalSteel Cup, no Gminny Stadion Sportowy w Poroninie (Polonia)Primera FaseVenres 12 de xuño11:58: FABRIL FC BENXAMÍN - MSK PUCHOV12:32: FABRIL FC BENXAMÍN - ZW EL. W-WA13:06: FABRIL FC BENXAMÍN - ACS TAMPA BRASOV13:40: FABRIL FC BENXAMÍN - LKS LENCZE14:14: FABRIL FC BENXAMÍN - DELTA WARSZAWA14:48: FABRIL FC BENXAMÍN - SLASK WROCLAWEn función da clasificación, os equipos pasarán á Segunda Fase


O músico coruñés Xoel López comporá o novo himno do RC Deport...

A RC Deportivo Fundación estreita lazos coa Universidade de M...

Diego Villares renova polo Dépor ata 2028

Monforte súmase aos DéporCampus por décimo ano

Empate de Uruguai, con Espe Pizarro no once inicial, ante Ven...

O Deportivo reforza o seu proxecto en Primera División con Ol...