RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Nova sesión de Os Nosos no Dépor Training Center, "coñecéndonos pouco a pouco" e "comezando a asimilar conceptos con balón"

DÉPOR · 8 XULLO 2026

NOVA SESIÓN DE OS NOSOS NO DÉPOR TRAINING CENTER, "COÑECÉNDONOS POUCO A POUCO" E "COMEZANDO A ASIMILAR CONCEPTOS CON BALÓN"

O Dépor regresou este mércores 8 de xullo aos adestramentos cunha nova sesión, a segunda da pretemporada, no Dépor Training Center.O capitán Diego Villares manifestou na sala de prensa que "imos coñecéndonos pouco a pouco cos fichaxes" e destacou que son "días intensos despois de volver das vacacións".O cadro arrancou cunha activación e uns rondos con porterías pequenas no campo 3.A continuación, xa no campo 2, houbo un xogo de posición antes dun primeiro exercicio táctico."Estamos collendo un pouco de ritmo e comezando a asimilar conceptos con balón", explicou o mediocentro lucense.A sesión concluíu cun partido en espazo reducido antes de pasar ao ximnasio.Do mesmo xeito ca onte, David Mella está con adestramento personalizado; mentres que Loureiro e Yeremay continúan co seu plan específico de prevención para evitar así as molestias que arrastraron a temporada pasada.Samu Fernández, Bil Nsongo, Noé Carrillo, Kevin Sánchez, Guerrero e o xuvenil Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves 9 de xullo está previsto dobre turno: 10:00 e 17:00.

mariosoriano0708.jpg

Á venda as entradas para o Dépor - CD Lugo en A MagdalenaXa están á venda as entradas para o amigable entre o Dépor e o CD Lugo previsto para o mércores 29 de xullo ás 19:30 en A Magdalena (Vilalba).As entradas teñen estes prezos:Maiores de 16 anos: 18 eurosMenores de 16 anos: 10 eurosMenores de 4 anos: entrada baby gratuítaAs persoas interesadas xa as poden adquirir premendo nesta ligazón.O calendario completo de partidos é o seguinte:SD Compostela - Deportivo, o sábado 18 de xullo ás 20:00 no Estadio Vero BoqueteReal Oviedo - Deportivo, o sábado 25 de xullo ás 19:30 no Estadio Carlos Tartiere (Oviedo)Deportivo - CD Lugo, o mércores 29 de xullo ás 19:30 en A Magdalena (Vilalba)FC St Pauli - Deportivo, o sábado 1 de agosto ás 18:30 no Millerntor Stadion (Hamburgo)ACF Fiorentina - Deportivo, o xoves 6 de agosto ás 20:00 no Stadio Curva Fiesole, na cidade deportiva da ACF FiorentinaGenoa CFC - Deportivo, o sábado 8 de agosto no Stadio Luigi Ferraris, en horario pendente de confirmación

  • eddahchouri0708.jpg
  • bil0708.jpg
  • leoroman0708.jpg
  • luismi0708.jpg
  • barcia0708.jpg