
CLUB · 18 ABRIL 2026
O BURGOS CF PON A DISPOSICIÓN DO DÉPOR 230 ENTRADAS MÁIS A 50 EUROS PARA O PARTIDO EN EL PLANTÍO DO SÁBADO 25 DE ABRIL ÁS 18:30
O Burgos CF puxo a disposición do Dépor 230 entradas máis ao prezo de 50 euros para o partido do do sábado 25 de abril ás 18:30 horas en El Plantío, correspondente á 37ª xornada de LaLiga Hypermotion. Delas, 92 irán destinadas á Federación de Peñas e 138 serán xestionadas polo Club.Esta remesa únese á inicial de 432 entradas a 25 euros, das cales o 40% serán xestionadas e vendidas pola Federación de Peñas (173), e o resto a través do Club (259).Está habilitada a prerreserva de entradas para o partido, máximo 2 por abonado ou abonada.Para realizar a xestión, o abonado deberá acceder á web A prerreserva concluirá este sábado 18 de abril ás 21:00 horas.No caso de que houbese máis abonados en prerreserva que entradas dispoñibles, realizarase un sorteo, cuxo resultado se comunicará aos abonados agraciados o luns 20 de abril; e notificaráselles a forma de pago e como recibir as entradas.As localidades que non fosen retiradas o martes 21 de abril ás 18:00 horas serán asignadas aos suplentes que se designarán, así mesmo, no sorteo realizado.O prazo límite para a retirada das entradas será o mércores 22 de abril ás 18:00.Por conseguinte, non haberá venda física de entradas na OAD para este encontro.Será obrigatorio presentar o abono e o DNI do abonado.

O Dépor visita este domingo 24 de maio ás 18:30 o Real Vallad...

O Alevín A iniciou este venres 22 na Arousa F7 unha nova fin ...

A RC Deportivo Fundación desenvolve en Cerceda unha nova acti...

Antonio Hidalgo: "Temos o privilexio de poder loitar por algo...

O Dépor insiste este venres no Dépor Training Center "no que ...

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS