
JUVENIL A · 30 MAIO 2025
O CAPITÁN HUGO TORRES SENTE "ORGULLOSO DESTE EQUIPO" E LEMBRA QUE "PUIDEMOS QUEDAR ENTRE AS 4 MELLORES CANTEIRAS"
O capitán do Xuvenil A, Hugo Torres, confesou na zona mixta do Toralín que está "orgulloso deste equipo. Foron mellores pero demos a cara. Estou orgulloso porque en momentos como o de hoxe (por onte), que o resultado é abundante, o equipo dá a cara, loita até o final. Non se deu para meter un gol pero estou moi orgulloso. Puidemos quedar entre as 4 mellores canteiras de España".Opina que "empezamos moi ben o partido. Co 2-0 metéronnos un gol moi rápido. Tiveron moita efectividade. Son cousas do fútbol. Non sempre as cousas saen como un quere".Hugo Torres reitera que "estamos orgullosos do traballo que fixemos. O fútbol foi inxusto connosco. O que hai que sacar deste partido é que é fútbol. Non sempre se gaña. Hai que pensar no que conseguimos esta temporada, que non é fácil. É moi difícil quedar entre as 4 mellores canteiras de España".Finalmente do Betis advirte que "é un gran equipo. Viuse no campo que teñen moi bos xogadores. O Dépor non fixo un mal partido pero eles tiveron moita efectividade, que iso no fútbol decanta moito os partidos".

O DéporCampus segue medrando: Macedonia tamén se tingue de br...

Realizado o sorteo de asignación de entradas visitantes para ...

O proxecto 'One Team, No Limits' comparte unha xornada de inc...

O Dépor comeza este xoves 20 de agosto a preparar a visita ao...

Prezo unificado para as afeccións visitantes nos partidos de ...

Última semana de pretemporada, con amigable en Portugal inclu...