
DÉPOR FABRIL · 21 ABRIL 2026
O CONCELLO DA CORUÑA RENDE HOMENAXE AO FABRIL POLO SEU ASCENSO A PRIMERA FEDERACIÓN E A ALCALDESA INÉS REY RECOÑECE A ANOSACANTEIRA COMO REFERENTE NACIONAL
O Concello da Coruña acolleu este martes 21 de abril no Salón de Sesiones do Palacio Municipal de María Pita a recepción institucional ao Fabril con motivo do seu ascenso a Primera Federación, terceira categoría do fútbol masculino nacional.O acto contou coa presenza da alcaldesa, Inés Rey, que presidiu a recepción, así como de representantes do RC Deportivo encabezados polo conselleiro Carlos Ballesta; o director de Fútbol Formativo, Ismael Arilla; o adestrador, Manuel Pablo García; e a totalidade do cadro fabrilista.Durante a súa intervención, a rexedora puxo en valor o papel de ANOSACANTEIRA como referente no fútbol formativo nacional: "Representades unha cidade, unha cultura e unha maneira de vivir, a coruñesa, que marca a todo aquel que pon os pés na nosa cidade. Esforzádevos día a día para que 30.000 almas coreen os vosos nomes en Riazor", sinalou Inés Rey, quen tamén destacou o reto que supón a nova categoría para o equipo."A próxima temporada afrontaredes o máis grande dos retos da canteira branquiazul: afianzarvos no terceiro escano do fútbol nacional. Será un desafío de gran envergadura, mais tamén unha recompensa a un ano histórico", engadiu.O RC Deportivo, a través do seu conselleiro Carlos Ballesta, expresou o agradecemento do club á cidade pola súa acollida nun acto que reforza a relación histórica entre ambas as institucións."É un orgullo para o club estar en María Pita, a casa de todos os coruñeses, e agradecemos este recoñecemento que reforza o vínculo histórico entre o RC Deportivo e a cidade", apuntou Ballesta.Pola súa banda, o capitán Hugo Ríos subliñou o significado colectivo do ascenso: "É un día moi especial porque sentimos o agarimo da nosa cidade. Este ascenso é o reflexo de moito traballo diario, de esforzo en silencio e dunha gran unión dentro do equipo", afirmou.Ao final da recepción, a alcaldesa fixo entrega dunha Torre de Hércules conmemorativa ao RC Deportivo como recordo do acto.


Resultados deste sábado 16 de maio en ANOSACANTEIRA feminina,...

Resultados deste sábado 16 en ANOSACANTEIRA, con título galeg...

ABANCA-RIAZOR homenaxea este domingo 17 a Cris Martínez, que ...

O Dépor recibe este domingo 17 de maio ás 14:00 en ABANCA-RIA...

O Dépor ABANCA goza dun fin de semana de descanso antes da re...

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...