RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA disputa este venres 6 de marzo un partido de adestramento no Requexón ante o Real Oviedo

DÉPOR ABANCA · 5 MARZO 2026

O DÉPOR ABANCA DISPUTA ESTE VENRES 6 DE MARZO UN PARTIDO DE ADESTRAMENTO NO REQUEXÓN ANTE O REAL OVIEDO

Nesta segunda semana consecutiva sen liga a consecuencia dos compromisos das seleccións nacionais, o Dépor ABANCA afronta un partido de adestramento.Será este venres 6 de marzo ás 16:00 na cidade deportiva do Requexón ante o Real Oviedo.O conxunto carbayón pecha actualmente a clasificación en Primera Federación FutFem.Fran Alonso non pode contar coas internacionais Inês Pereira, Marisa e Espe Pizarro.A que regresou á Coruña da concentración de Venezuela foi Michi Apóstol, pero cunha fractura de clavícula que lle obrigará a pasar polo quirófano do Hospital Quirónsalud A Coruña.Tampouco viaxarán a Oviedo as canteirás que están en dinámica do primeiro equipo: Lucía Rivas, Redru e Carmen Carballada.Todas elas adéstranse estes días co filial e competirán esta fin de semana en Segunda Federación.

Por contra, viaxa co grupo Hildah Magaia, a internacional surafricana que podería ter os seus primeiros minutos como xogadora do Dépor ABANCA.Paula Monteagudo, na sala de prensa do Dépor Training Center, subliñou após a súa renovación até xuño de 2027 que "ás futbolistas sempre nos gusta a competición pero paróns así veñen ben para desconectar un pouco e para meter máis traballo físico".A capitá Cris Martínez, que arrincou o seu plan de readaptación física após a súa maternidade, será outra das baixas en Oviedo.O conxunto asturiano confirmou que a entrada ao partido custa 5 euros e os menores de 12 anos teñen acceso gratuíto.