RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA fixa o seu punto de mira na visita do Athletic Club a ABANCA-RIAZOR

DÉPOR ABANCA · 9 SETEMBRO 2025

O DÉPOR ABANCA FIXA O SEU PUNTO DE MIRA NA VISITA DO ATHLETIC CLUB A ABANCA-RIAZOR

O Dépor ABANCA, hoxe martes con día libre, arrinca este mércores 10 de setembro a preparación da 3ª xornada da Liga F, a visita do Athletic Club a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 14 de setembro ás 12:00 (Dazn).Os resultados da última xornada, co empate ante o RCD Espanyol, deixou ás Nosas con 2 puntos na 9ª posición.Fran Alonso insistiu após o partido do pasado sábado na CE Dani Jarque que "podemos dar máis" e pediu "seguir traballando no último terzo", co obxectivo de ter máis claridade en ataque.O técnico deportivista disporá antes do partido ante as vascas de catro sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, segundo esta planificación:Mércores 10 de setembro10:30 h.Xoves 11 de setembro10:30 h.Venres 12 de setembro10:30 h.Sábado 13 de setembro10:30 h.Domingo 14 de setembro12:00: Deportivo ABANCA - Athletic Club, en ABANCA-RIAZOR