RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA pecha a pretemporada en Ribadeo ante CA Osasuna co Trofeo Emma Cuervo en xogo

DÉPOR ABANCA · 22 AGOSTO 2025

O DÉPOR ABANCA PECHA A PRETEMPORADA EN RIBADEO ANTE CA OSASUNA CO TROFEO EMMA CUERVO EN XOGO

O Dépor ABANCA pecha a súa exitosa pretemporada este sábado ás 12:00 ante o CA Osasuna coa 5ª edición do Trofeo Emma Cuervo.O choque, que se xoga no campo Pepe Barrera de Ribadeo, será retransmitido en directo pola .Os prezos das entradas son os seguintes: 10 euros (maiores de 15 anos); 5 euros (de 8 a 15 anos) e gratis os menores de 8 anos.Os despachos de billetes do campo Pepe Barrera abren ás 10:30 o mesmo día do partido.As Nosas chegan a esta última cita de pretemporada após golear á Costa Adeje Tenerife por 0-4 na 53 edición do Trofeo Teide en La Orotava.

Anteriormente houbo triunfos ante o SC Braga (0-4 en Portugal e 2-0 en ABANCA-RIAZOR co Trofeo Teresa Herrera en xogo), empate ante o Sporting CP (1-1) e unha única derrota fronte ao Athletic Club en Llanes (3-2).´O Dépor ABANCA xa sabe o que é conquistar o Emma Cuervo posto que o gañou en 2022 ao imporse ao Real Oviedo na quenda de penaltis. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate a un gol.Fran Alonso conta con todo o seu cadro para este choque, preámbulo da primeira cita ligueira o sábado 30 de agosto ás 18:00 en ABANCA-RIAZOR ante o FC Badalona Women, salvo as lesionadas Millene e Vera Martínez.Pola súa banda, o CA Osasuna de Primera Federación FutFem preséntase en Ribadeo despois de participar na Copa Sentimiento, en formato 'tres nun' coa Real Sociedad e a Costa Adeje Tenerife. As osasunistas caeron coas tinerfeñas (0-1) e empataron coas realistas (1-1).Finalizado o Emma Cuervo, As Nosas adéstranse de novo o domingo 24 de agosto ás 10:30 en Abegondo.