
DÉPOR ABANCA · 14 ABRIL 2025
O DÉPOR ABANCA PREPARA DESDE MAÑÁ MARTES A VISITA AO LEVANTE UD CO FIRME DESEXO DE QUEDAR EN LIGA F E "ACABAR O MÁIS ARRIBA QUE PODAMOS"
O Dépor ABANCA comeza mañá martes a preparar a seguinte cita en Liga F, a visita ao Levante UD prevista para o domingo 20 de abril ás 12:00 (Dazn) na Cidade Deportiva do equipo granota.O triunfo do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR ante o FC Levante Badalona deixou ás Nosas en 11ª posición con 26 puntos."Querémonos quedar en Liga F", subliñou Fran Alonso en rolda de prensa após derrotar ao conxunto catalán á vez que lanza unha mensaxe ambiciosa porque tamén desexa "acabar o máis arriba que podamos".Admite o técnico deportivista que "este parón nos veu moi ben porque a derrota ante o Athletic Club foi dura para o grupo. Puidemos corrixilo nestas dúas semanas e ímonos con moi boas sensacións, moita confianza nas dúas áreas".Conclúe Fran Alonso que "imos con moi boas sensacións ao seguinte partido".Están previstas 4 sesións matinais en Abegondo. A última, a do sábado 19, arrincará ás 8:30 posto que ao concluír o equipo viaxará a Valencia.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Martes 15 de abril11:00Mércores 16 de abril11:00Xoves 17 de abrilDescansoVenres 18 de abril11:00Sábado 19 de abril8:30Domingo 20 de abril12:00: Levante UD - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva do Levante UD

O Dépor repasa o plan para "un partido moi difícil" pero coa ...

Tarde inesquecible na sede de Alvedro da Dépor Escola Feiraco...

Preguntas e respostas relativas á consulta vinculante sobre a...

O RC Deportivo abrirá un proceso de consulta entre os seus ab...

Inês Pereira mídese con Portugal a Letonia e Finlandia este m...

Mario Soriano quere "seguir con esa ilusión, con esa ambición...