
DÉPOR · 29 XULLO 2025
O DÉPOR AFRONTA O SEU TERCEIRO AMIGABLE, ESTE MÉRCORES 30 EN WATFORD; CON CONCENTRACIÓN EN LONDRES E NOVA CITA O SÁBADO EN MIDDLESBROUGH
A pretemporada do Dépor sobe de nivel despois de superar nos seus dúas primeiras citas á SD Compostela no Estadio Vero Boquete e ao Ourense CF no Couto.Os branquiazuis afrontan este mércores 30 de xullo o seu terceiro amigable de pretemporada xa ante un rival de Championship ou Segunda División de Inglaterra pero con pasado recente na Premier League: o Watford.O choque arrincará ás 20:45 (hora galega, 19:45 hora local) en Vicarage Road, retransmitido en directo pola .O pasado sábado 26, mentres o Dépor superaba ao Ourense CF de Primera Federación (terceira de España), os ingleses empataban (1-1) en Londres co Leyton Orient de League One (terceira de Inglaterra).

Os Nosos aproveitarán esta cita para pasar uns días adestrando en Londres e disputar outro encontro, esta vez o sábado 2 de agosto ás 16:00 (hora galega) no Riverside Stadium ante o Middlesbrough, tamén televisado pola .Antonio Hidalgo, en rolda de prensa, manifestou leste mesmo martes na sala de prensa de Abegondo que "teremos un stage de 4 ou 5 días. Imos chegar a Londres e ímonos a aloxar nun hotel que ten campo e imos poder adestrar. Temos o partido o mércores, adestraremos o xoves pola mañá alí e o venres pola mañá. Pola tarde viaxaremos a Middlesbrough, que teremos 4 ou 5 horas. E alí xa xogaremos. Tampouco temos moito tempo de adestrar".O adestrador deportivista advirte que estes dous próximos rivais ingleses "son dous bos equipos, nunha liga moi competitiva. Van ser unha boa pedra de toque".Queda na Coruña Ximo Navarro, en proceso de recuperación dunhas molestias no recto anterior da súa perna esquerda.

Sobre Jose Ángel, que se adestra co grupo, afirmou o técnico que "vén dunha lesión que sufrín, de pube. Non é sinxela saír dela. Adestrou onte por primeira vez pero eses movementos limítano. Ten que ir aos poucos collendo sensacións. Non vai ser dun día para outro. Vai viaxar connosco para estar connosco e poder adestrar, que o pode facer perfectamente. A partir de aí aos poucos irémoslle dando esa rodaxe que necesita".Os Nosos, co fabrilista Damián Canedo, adestráronse esta mañá entre o campo 3 e 2 de Abegondo, cunha activación con rondos, un partido e fútbol reducido para concluír.A expedición parte este mediodía en avión a Londres e volverase a adestrar este mércores ás 10:30 (hora local) xa en The Lensbury, cuartel xeral branquiazul en Inglaterra.


O Dépor visita este domingo 24 de maio ás 18:30 o Real Vallad...

O Alevín A iniciou este venres 22 na Arousa F7 unha nova fin ...

A RC Deportivo Fundación desenvolve en Cerceda unha nova acti...

Antonio Hidalgo: "Temos o privilexio de poder loitar por algo...

O Dépor insiste este venres no Dépor Training Center "no que ...

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS