
DÉPOR · 5 FEBREIRO 2025
O DÉPOR ARRINCA A SEMANA DE TRABALLO CON NEMANJA TOŠIĆ XA NO GRUPO
O Dépor arrincou esta mañá en Abegondo a semana de adestramentos previa á visita da UD Almería a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 9 de febreiro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion).A novidade foi a presenza de Nemanja Tošić, a última fichaxe deportivista neste mercado de inverno recentemente concluído.En realidade o de hoxe foi o seu segundo día de traballo, posto que o defensor serbio xa se exercitou onte martes, xornada de descanso para o cadro, cos preparadores físicos do equipo.Tošić completou toda a sesión con normalidade posto que neste tramo inicial da temporada vén de competir co Zúric FC na Súper Liga suíza.Óscar Gilsanz dispuxo unha activación con roldo, un xogo de posición e fútbol reducido, de alta intensidade. A sesión concluiu cun partido no campo 3 e, simultáneamente, un exercicio de finalizacións para os dianteiros.Ademais de Escudero, estiveron con adestramento personalizado Mfulu e Germán Parreño. Ambos quedaron no ximnasio cos readaptaadores, Alejandro Canosa e Nando Rodríguez.Así mesmo, Alberto, Kevin Sánchez e Hugo Ríos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Mañá xoves Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 en Abegondo.

Definido o grupo da División de Honra para o Xuvenil A

El Fabril xa coñece aos seus rivais no grupo 1º de Primera Fe...

Silleda luce o seu DéporCampus, xa na súa 7ª edición

RC Deportivo: nova identidade, mesmo sentimento

O Dépor presenta a actualización do seu escudo nos Arcados da...

Suspendida este martes 23 de xuño pola calor a semifinal do A...