
DÉPOR · 5 MARZO 2025
O DÉPOR ARRINCA A SEMANA PREVIA AO CÓRDOBA CF "COS PÉS NO CHAN"
O Dépor arrincou esta mañá en Abegondo a semana de preparación do partido ante o Córdoba CF en ABANCA-RIAZOR previsto para este venres 7 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion, #Vamos e Fútbol 2), correspondente á 30ª xornada en LaLiga Hypermotion.Ximo Navarro, un dos futbolistas con máis experiencia do vestiario branquiazul, comentou hoxe mesmo ante os medios de comunicación que "o que debemos de facer é pensar partido a partido".O lateral deportivista admite que "este club ten a capacidade para tentar o ascenso sempre. Creo que algún ano se conseguirá. Oxalá que poida ser este ano pero agora mesmo estamos un pouco lonxe. O que debemos facer é pensar partido a partido, tentar gañar sempre pero cos pés no chan", reitera.O corpo técnico dispuxo unha activación con rondos no campo 2 antes de pasar ao campo 3: primeiro con finalizacións e fútbol reducido en grupos, e un partido once para once para concluír.Están con adestramento personalizado Juan Gauto e Escudero; mentres que nunha semana curta, Yeremay e Mfulu fixeron unha parte co grupo e seguiron con traballo individual despois.Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas.






