
DÉPOR · 31 MARZO 2026
O DÉPOR CONSEGUE ANTE O CÓRDOBA CF "UNHA VITORIA IMPORTANTÍSIMA PARA SEGUIR LOITANDO NA PARTE ALTA"
O Dépor venceu (2-0) este martes 31 de marzo ao Córdoba CF en partido correspondente á 33ª xornada en LaLiga Hypermotion, segundo para o conxunto branquiazul en 3 días após o disputado en Gijón o pasado sábado 28.Con este resultado, Os Nosos suman 59 puntos na 2ª posición, os mesmos que o Real Racing Club (1º), á espera do resto da xornada entre este mércores 1 de abril e xoves 2.Na rolda de prensa pospartido Antonio Hidalgo cualificou o resultado de "vitoria importantísima para seguir loitando na parte alta".Foron baixa Mella e Villares, este con o ombreiro maltreito após a primeira parte do pasado sábado no Estadio do Molinón Enrique Castro 'Quini'.Do futbolista lucense o adestrador do Dépor asegurou que "o vin moito mellor. Non saíu á pequena activación desta mañá. Mañá estará mellor. Imos ver a súa evolución de cara ao sábado".Bil e Noé, ambos con minutos na segunda parte, foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Foron novidades no once Stoichkov, sancionado ante o Sporting; e Lucas Noubi, de regreso da concentración de Bélxica Sub-21.Con outro partido o sábado 4 de abril ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR ante o Málaga CF, o gaditano substituíu a Bil e o belga, a Arnau Comas. A maiores Loureiro, no lateral dereito, supliu a Ximo Navarro; Patiño, no carril destro, a Villares; e Mulattieri, na punta de ataque, a Luismi Cruz.O partido empezou sen dono claro pero con achegamentos nas dúas porterías.Nun balón parado púxose por diante o Dépor aos 19 minutos. Lucas Noubi, libre de marca, cabeceou á rede no segundo pau unha falta lateral.Respondeu o Córdoba CF ao minuto seguinte con outro balón parado, neste caso un saque de esquina, e con outra cabezada. Ferllo, nunha gran parada na mesma raia de gol, evitou o tanto de Rubén Alves.Á media hora golpeou de novo o Dépor. Case na mesma posición de Lucas Noubi, e após outro centro lateral desde a dereita de Altimira, Quagliata, libre de marca e entrando desde atrás, supera de novo ao porteiro Íker Álvarez.Os branquiazuis púñanse con 2-0, resultado co que se chegou ao descanso."A primeira parte foi moi boa. Interpretamos á perfección o que podía pasar. Puxémonos por diante", resumiu o preparador branquiazul.Após o paso polos vestiarios Os Nosos seguiron buscando a portería rival. Mulattieri estivo a piques de marcar nunha gran acción persoal pero no último momento rematou frouxo ás mans de Íker Álvarez.O Córdoba CF puido meterse no partido no minuto 63 nun balón que lle chegou de rebote a Theo após unha mala saída de balón do Dépor. Ferllo sacou nunha gran parada.Antonio Hidalgo move pezas. Yeremay e Bil relevan a Mulattieri e Stoichkov.Pouco despois, Jose Ángel e Luismi substitúen a Patiño e Mario Soriano.Yeremay puido matar o partido no minuto 72 pero fallou no man a man co porteiro Íker Álvarez despois de marcharse por velocidade da defensa cordobesa.Aos 78 minutos Altimira xuta demasiado alto noutra rápida transición.O Córdoba CF dominaba territorialmente pero o Dépor puido sentenciar á contra.O último susto do partido protagonizouno o cordobesista Guardiola, que no minuto 85 baixou un balón co peito ao bordo da área pequena e o seu disparo, de socato, tócao Noubi o xusto para desvialo ao traveseiro."Na segunda parte empuxáronnos un pouco máis. Fomos capaces de defender moi ben a área. O Córdoba CF é un equipo que che empuxa moitísimo. Hai que aprender destas situacións porque son resultados demasiado curtos, queres que se termine demasiado rápido todo. Tivemos a oportunidade pechar o partido, non puido ser pero estou moi contento pola vitoria", concluíu Antonio Hidalgo.Deportivo: Ferllo, Loureiro, Lucas Noubi, Dani Barcia, Quagliata, Riki (Noé, min. 86), Mario Soriano (Luismi, min. 72), Patiño (Jose Ángel, min. 72), Altimira, Stoichkov (Yeremay, min. 62) e Mulattieri (Bil, min. 62)Córdoba CF: Íker Álvarez, Álex, Diego Bri (Vilarrasa, min. 46), Isma Ruiz, Jacobo Glez. (Kevin, min. 46), Rubén Alves, Fuentes (Guardiola, min. 46), Del Moral (Dalisson, min. 59), Albarrán, Carracedo e Goti (Theo, min. 59)Árbitro: Alejandro Morilla, do comité navarro. Amoestou a Jacobo Glez. (min. 45+1) e Riki (min. 83)Goles: 1-0 Lucas Noubi (min. 19); 2-0 Quagliata (min. 31)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 25.829 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de María Amelia Fernández López, terceira muller con máis antigüidade no Club


A RC Deportivo Fundación desenvolve en Cerceda unha nova acti...

Antonio Hidalgo: "Temos o privilexio de poder loitar por algo...

O Dépor insiste este venres no Dépor Training Center "no que ...

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS

Espe Pizarro enfróntase neste mes de xuño a Colombia e Venezu...

A Fan Zone da explanada de Riazor volverá ser o punto de enco...