
DÉPOR · 3 XULLO 2025
O DÉPOR DISPUTARÁ O TROFEO EMMA CUERVO ANTE O REAL OVIEDO O MÉRCORES 6 DE AGOSTO ÁS 19:00 HORAS EN RIBADEO
O Deportivo e o Real Oviedo pelexarán pola 74ª edición do Trofeo Emma Cuervo, un dos torneos estivais máis antiguos de España.O choque está fixado para o mércores 6 de agosto a partir das 19:00 horas no campo Municipal Pepe Barrera de Ribadeo.Os prezos das entradas serán de 20 euros (maiores de 15 anos); e 5 euros (para nenos entre 8 e 15 anos); mentres que os menores de 8 anos teñen acceso gratuíto.As localidades pódense adquirir en varios puntos de venda en Ribadeo (Cafetaría Rosa Lar, Delira Gastromica, Cienfuegos Bar e O Lar de Manolo) e nos despachos de billetes do campo municipal Pepe Barrera o mesmo día do partido.Así pois, o calendario de partidos confirmados do Dépor esta pretemporada é o seguinte:Mércores 23 de xullo, Estadio Vero Boquete - San Lázaro, 20:30: SD Compostela - DeportivoMércores 30 de xullo, Vicarage Road, 19:45 (20:45 hora galega): Watford - DeportivoSábado 2 de agosto, Riverside Stadium, 15:00 (16:00 hora galega): Middlesbrough - DeportivoMércores 6 de agosto, Municipal Pepe Barrera, 19:00, Trofeo Emma Cuervo: Deportivo - Real OviedoO cadro deportivista está citado para iniciar os adestramentos na Cidade Deportiva o luns 7 de xullo.

Para o FC Andorra xa só quedan entradas dos abonados e abonad...

Stoichkov salienta o "ambiente espectacular" no vestiario e L...

Antonio Hidalgo: "O máis importante foi ter pausa"

Os Nosos pernoitan en Cádiz e regresan este sábado ao mediodí...

O Dépor vence ao Cádiz CF "cun partido moi completo" e mantén...

Antía Veiga, de novo no once inicial de España, non puido con...