
JUVENIL A · 28 MAIO 2025
O DÉPOR E O REAL BETIS BUSCAN ESTE XOVES NO TORALÍN A FINAL DA COPA DE CAMPIÓNS XUVENIL ANTE O VALENCIA CF
O Dépor e o Real Betis enfróntanse mañá xoves 29 de maio ás 20:00 horas (e redes sociais oficiais de ) no Toralín de Ponferrada na primeira semifinal da Copa de Campións xuvenil que se xogará en segundo lugar.O vencedor pasará a gran final do domingo 1 de xuño ás 12:00 no mesmo escenario ante o Valencia CF, que hoxe eliminou (1-2) ao Real Madrid CF na segunda semifinal.Miguel Figueira asegura que "vexo aos meus xogadores adestrando ben, concienciados. E o corpo técnico está ilusionado, tranquilo porque o equipo está a adestrar ben".Confesou en rolda de prensa que "a única preocupación é que os rapaces sexan capaces de dar o seu máximo nivel nun só partido".O Xuvenil A adestrouse esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo antes de partir a Ponferrada.Pola súa banda, o Real Betis foi o campéon do grupo 4º con 85 puntos por 76 do Sevilla FC, 2º clasificado.Nos cuartos de final, os béticos enfrontáronse á UD Las Palmas. Os verdibrancos gañaron en Gran Canaria por 1-3 e empataron en Sevilla (2-2).Miguel Figueira admitiu que o Betis "poida ter unha pequena vantaxe porque participou nas últimas Final Four pero é certo que non gañou ningunha. Esperemos xogar con iso tamén aínda que sexamos inexpertos en ir á Final Four".

Cuartos de final do Mini Teresa Herrera este xoves 18 para o ...

Merle Barth continuará achegando liderado e experiencia ao Dé...

Santa Comba presume de DéporCampus, que este ano acada a súa ...

O Dépor Genuine pecha esta fin de semana unha temporada de va...

Aberto ás persoas abonadas o proceso de consulta sobre a deno...

O Alevín A e o Benxamín A avanzan a oitavos de final do Mini ...