RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor inicia 2026 cun adestramento no Dépor Training Center baixo unha persistente choiva

DÉPOR · 1 XANEIRO 2026

O DÉPOR INICIA 2026 CUN ADESTRAMENTO NO DÉPOR TRAINING CENTER BAIXO UNHA PERSISTENTE CHOIVA

O Dépor arrincou o ano 2026 cun adestramento este xoves 1 de xaneiro ás 17:00 no Dépor Training Center.Con Escudero facendo parte das tarefas co grupo, Samu, Noé e Bil foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Após unha roda de pases, Antonio Hidalgo dispuxo unha tarefa táctica e un partido.Este venres 2 de xaneiro, o equipo adestrarase de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center de cara ao encontro ante o Cádiz CF deste domingo 4 de xaneiro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR.