RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor logra ante a UD Levante unha vitoria "moi necesaria" despois de "un partido moi serio"

DÉPOR ABANCA · 14 NOVEMBRO 2025

O DÉPOR LOGRA ANTE A UD LEVANTE UNHA VITORIA "MOI NECESARIA" DESPOIS DE "UN PARTIDO MOI SERIO"

O Dépor ABANCA venceu por 1-0 este venres 14 de noviembrecon ao Levante UD en encontro correspondente á 11ª xornada en Liga F disputado en ABANCA-RIAZOR.Con este resultado, As Nosas suman 10 puntos e ascenden á 10ª posición á espera que se xogue o resto da xornada.Decidiu o choque un tanto de Marisa no minuto 55.Fran Alonso, na rolda de prensa pospartido, cualificou a vitoria como "moi necesaria" despois de 7 partidos consecutivos sen gañar.Foi baixa para o encontro Paula Monteagudo por lesión.As internacionais Redru e Michi Apóstol, ademais de Lucía Rivas, completaron a convocatoria para o encontro. As dúas primeiras tiveron minutos na segunda metade.Pola súa banda, o Levante UD presentábase en ABANCA-RIAZOR pechando a táboa de clasificación con 2 puntos e con novo técnico. Andrés París relevou esta mesma semana a Santiago Triguero.A primeira parte foi de maior dominio deportivista, que o tentou de lonxe grazas aos disparos de Espe Pizarro no minuto 13 demasiado alto ou de Olaya no 23 ás mans da porteira Coronado.Marisa probou fortuna á media hora dentro da área pero o seu chute raso pasou preto do pau dereito da meta levantinista.Pola súa banda, o Levante UD optou polas contras. O seu único disparo con certo perigo na primeira parte correu a cargo de Le Guilly, desde a frontal da área, lixeiramente desviado. Corría o minuto 17.Sen goles chegouse ao descanso.Após o paso polos vestiarios, Olaya puido desnivelar no marcador no minuto 48 pero o seu remate afastado márchase fóra após tocar no poste esquerdo da meta do Levante UD.Seguía o Dépor ABANCA levando o peso do partido.Tamén ao pau, esta vez o traveseiro pero da meta deportivista, foi o chute de Erika, a mellor xogadora levantinista, desde fóra da área. Corría o minuto 50.Adiantáronse no marcador As Nosas no minuto 55. Nunha transición a cargo de Ainhoa Marín o balón chégalle a Marisa no segundo pau que en carreira colocou o balón axustado ao pau dereito da meta de Coronado, imposible para a porteira visitante.O tanto liberou ás deportivistas, que comezaron a trenzar xogadas.A sentenza tívoa Ainhoa Marin, elixida MVP do partido, cun remate ao segundo pau que se estrelou no corpo de Coronado e un disparo franco de Olaya desde a frontal da área pequena que se foi alto, con todo a favor.O Levante UD tratou de igualar en balón parado con saques de esquina e cunha cabezada de Erika que non colleu portería."É digno de eloxio a maneira na que se levantou o equipo. Fixemos un partido moi serio", concluíu Fran Alonso.Deportivo ABANCA: Inês Pereira, Samara, Raquel, Barth, Paula Novo, Henar (Lucía Martínez, min. 79), Paula Gutiérrez (Redru, min. 90+1), Olaya, Espe Pizarro (Michi Apóstol, min. 79), Ainhoa Marin (Bárbara, min. 90+1) e Marisa (Millene, min. 67)Levante UD: Coronado, Le Guilly, Alma (Traore, min. 68), Teresa, Eva Alonso, Núñez (Inés, min. 68), Erika, Dolores, Gabaldón (Alharilla, min. 61), Carrasco (Luque, min. 86) e CarolÁrbitra: María Gloria Planes, do comité murciano. Amoestou a Henar (min. 53), Dolores (min. 66), Alharilla (min. 76), Le Guilly (min. 81) e Erika (min. 82)Gol: 1-0 Marisa (min. 55)Incidencias: partido correspondente á 11ª xornada en Liga F disputado en ABANCA-RIAZOR ante 857 espectadores e baixo unha persistente choiva