
DÉPOR · 5 SETEMBRO 2025
O DÉPOR, QUE PECHOU A XORNADA 3ª O PASADO LUNS EN LEGANÉS, ABRE A 4ª ESTE SÁBADO ÁS 16:15 ANTE O SPORTING DE GIJÓN EN ABANCA-RIAZOR
O Deportivo recibe ao Sporting de Gijón este sábado 6 de setembro a partir das 16:15 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion, dispoñible tambien en DIGI TV e outras plataformas).Os Nosos pecharon o pasado luns 1 de setembro a 3ª xornada e son os encargados de abrir a 4ª nunha semana curta cunha longa viaxe de regreso durante toda a noite desde Leganés incluído.Antonio Hidalgo, na sala de prensa, apuntou que esta circunstancia "non só pásanos a nós senón a todos os equipos. Como é para todos igual non é un problema. Cinco días son máis que suficientes para recuperar dun partido a outro".Eso si, a proximidade dos dous partidos motivou, aclarou o adestrador branquiazul, "que non tivésemos practicamente ningún día de descanso, que o normal nunha semana é que o teñamos".Os branquiazuis chegan ao choque cun empate traballado en Butarque (2-2) e con 5 puntos na táboa, instalados na 8ª posición.É baixa Jose Ángel, a quen se referiu o técnico deportivista na sala de prensa, hoxe con traballo personalizado do mesmo xeito que Gragera: "Tivo unha proba onte. Imos ver os resultados. Aínda lle faltan algunhas semanas para estar".Na sesión desta mañá no campo 2 faltaron Mella e Lucas Noubi. O canteirán está concentrado coa selección española sub-20 en Francia e é baixa para o choque. Pola súa banda, o central belga xogou onte co equipo nacional sub-21 en Georgia ante Bielorrusia un partido clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría e chegará este venres pola noite á Coruña.Por contra, os canteiráns Samu, Enrique Fernández, Mane e Pablo García adestráronse co primeiro equipo.

O corpo técnico dispuxo un último ensaio do plan de partido cunha tarefa final de remates a portería e de repaso ás accións a balón parado.Pola súa banda, o Sporting de Gijón colidera a táboa co Real Racing Club con 9 puntos de 9 posibles.Os de Asier Garitano, que xogaron o venres 29 de agosto o seu partido da 3ª xornada, venceron por 0-1 ao AD Ceuta FC na súa única saída no que vai de competición.En rolda de prensa, o ex deportivista Pablo Vázquez, agora enrolado nas filas sportinguistas, admitiu que "é un partido un pouco especial no persoal porque até fai nada estaba alí. É a primeira vez que vou xogar de visitante. Teño sentimentos un pouco atopados".Espera "un partido de Primera División polo estadio, as dúas afeccións, os dous clubs... Vai ser un partido especial tamén por iso".Finalizado o encontro, Os Nosos adéstranse de novo o domingo 7 de setembro ás 10:30 en Abegondo.


As Nosas adéstranse este luns 4 de maio ás 10:45 no Dépor Tra...

Derrota pola mínima dun Dépor ABANCA que mereceu "moitísimo m...

Resultados deste sábado 2 de maio en ANOSACANTEIRA feminina e...

Resultados deste sábado 2 de maio en ANOSACANTEIRA e calendar...

Manuel Pablo: "Mantivemos un nivel de esixencia máximo ata o ...

Fran Alonso: "Levamos unha boa dinámica en ABANCA-RIAZOR e é ...