RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor regresa ao Dépor Training Center camiño do partido ante a Cultural Leonesa consciente que "se imos todos xuntos vese no campo"

DÉPOR · 3 NOVEMBRO 2025

O DÉPOR REGRESA AO DÉPOR TRAINING CENTER CAMIÑO DO PARTIDO ANTE A CULTURAL LEONESA CONSCIENTE QUE "SE IMOS TODOS XUNTOS VESE NO CAMPO"

Despois de case unha semana fóra de casa, o Dépor regresa este martes 4 de novembro ao Dépor Training Center camiño da visita da Cultural Leonesa a ABANCA-RIAZOR prevista para este sábado 8 de novembro ás 18:30 horas (LaLiga TV Hypermotion).Os resultados da última xornada, co triunfo no Ibercaja Estadio ante o Real Zaragoza, deixaron a Os Nosos na 4º posición da táboa con 20 puntos.Yeremay Hernández apunta que "pasamos por uns partidos malos pero o outro día en Copa e hoxe (por onte en Zaragoza) fixemos un traballo moi bo. E é moi difícil porque despois de perder, de non ter boas sensacións, volver recuperar todo iso fala moi ben do grupo, do equipo, que somos unha familia e cando imos todos xuntos vese no campo".Antonio Hidalgo disporá de 4 sesións de traballo matinais para preparar o encontro ante os leoneses, segundo esta planificación:Martes 4 de novembro11:30 h.Mércores 5 de novembro10:30 h.Xoves 6 de novembro10:30 h.Venres 7 de novembro10:30 h.Sábado 8 de novembro18.30: Deportivo - Cultural Leonesa, en ABANCA-RIAZOR