
DÉPOR · 16 MAIO 2026
O DÉPOR RECIBE ESTE DOMINGO 17 DE MAIO ÁS 14:00 EN ABANCA-RIAZOR AO FC ANDORRA E "HAI QUE SUMAR DE 3, NON MIRAR MOITO MÁIS"
O Dépor mídese este domingo 17 de maio ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion) ao FC Andorra en ABANCA-RIAZOR, en partido correspondente á 40ª xornada en LaLiga Hypermotion.Co triunfo en Cádiz o pasado venres 8 de maio, Os Nosos chegan ao choque con 71 puntos na 2ª posición, os mesmos que a UD Almería (3º).Antonio Hidalgo teno claro: "a estas alturas hai que sumar de 3 en 3, non hai que mirar moito máis". "Cada semana imos volver falar do mesmo: en gañar, en centrarnos no máis inmediato, que é o importante", engade.Para o encontro, Lucas Noubi está sancionado por acumulación de amonestacións pero si está á disposición do equipo Yeremay, despois de estimar o Comité de Disciplina as alegacións á acta presentadas polo RC Deportivo e deixar sen efectos disciplinares o cartón amarelo que o canteirán viu no JP Financial Estadio de Cádiz.O técnico deportivista afirmou ao respecto que "é unha noticia moi boa. O que pasou no campo co que se redactou na acta non cadraba. Tiñamos moita fe en que prosperase. Así foi. Temos a Yere no campo, con moita ilusión, con moita forza, preparado para seguir axudándonos como o está a facer".Os Nosos, cos canteiráns Bil, Noé e Samu co grupo, realizaron este sábado 16 de maio unha última sesión de traballo, cunha activación, un exercicio táctico de transicións, un partido e un repaso ás accións a balón parado.David Mella e Charlie Patiño, este con unhas molestias nun adutor, estiveron con adestramento personalizado.Con 15 puntos, o Dépor é o equipo da categoría con maior impacto competitivo directo desde o banco. Non en volume, xa que é o 5º en goles de suplentes, pero lidera en significancia con 15 puntos.É dicir, os goles que chegan desde o banco non son para ampliar vantaxes, son para cambiar a dinámica do marcador.Antonio Hidalgo cre que "fumos quen de darlle importancia a moitos futbolistas. Os xogadores entenderon esa competitividade no adestramento. Vai chegando o final e os futbolistas vano vendo. Os xogadores están a dar moito rendemento desde o banco. Os partidos cada vez máis vanse decidindo nas partes finais. Estou contento con esta contribución".

Pola súa banda, o FC Andorra, que a pasada fin de semana goleou (5-1) á UD Las Palmas, chega lanzado na 10ª posición con 58 puntos.No partido da primeira volta disputado o 21 de decembro de 2025 no Nou Estadi Encamp venceron os andorranos por 1-0.Lonxe do seu campo esta tempada, o equipo que prepara Carles Manso gañou ao Real Zaragoza (1-3), Real Racing Club (1-2), Real Valladolid (0-1), CD Mirandés (1-2), Córdoba CF (1-4), Cultural Leonesa (0-4), Cádiz CF (0-1) e CD Leganés (0-4); empatou coa UD Las Palmas (1-1), SD Huesca (2-2), Sporting de Gijón (1-1) e Granada CF (1-1); e caeu coa SD Eibar (2-0), Real Sociedad B (3-0), Málaga CF (4-1), Albacete Balompié (1-0), AD Ceuta FC (2-1), CD Castellón (2-0) e UD Almeria (3-2).O FC Andorra mantén a mesma forma de xogar no 84% dos partidos disputados (33 de 39), caracterizada polo dominio territorial, a posesión e a presión tras perda. En partidos como visitante esta porcentaxe descende até o 77% (14 de 18), pero aínda así segue a ser un rexistro elevado dentro da competición, sendo un dos equipos que máis fiel se mantén ao seu estilo tanto como local como visitante.Desta forma, é o equipo con máis posesión de LaLiga Hypermotion cun 60,7%.O treito final de partido concentra o maior volume ofensivo do rival do Dépor este domingo, con 20 goles entre o 75’ e o 90’.Ademais, este mesmo período coincide tamén cos tramos de maior fraxilidade defensiva, con 13 goles encaixados.Carles Manso afirmou na sala de prensa que "para nós é un orgullo visitar un campo histórico como é ABANCA-RIAZOR" e cre que o seu equipo está ante "unha oportunidade perfecta para conseguir superar os 59 puntos", mellor puntuación do FC Andorra no fútbol profesional.Pola súa banda, o deportivista Alex Petxarromán, cedido no conxunto andorrano, asegura que "o máis importante é gozar deste treito final e rematar a temporada da mellor maneira".Finalizado o encontro, Os Nosos adestraranse de novo o luns 18 de maio a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...




