
DÉPOR · 24 MARZO 2026
O DÉPOR REGRESA AOS ADESTRAMENTOS NO DÉPOR TRAINING CENTER CON MIGUEL LOUREIRO XA FACENDO TAREFAS CUN CADRO "ENCHUFADO"
O Dépor pon desde este martes 24 de marzo rumbo ao Estadio El Molinón - Enrique Castro 'Quini', escenario do choque ante o Sporting de Gijón previsto para este sábado 28 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e Cayo TV).A novidade esta asollada mañá foi a presenza de Miguel Loureiro, que comeza a facer tarefas co grupo.O central deportivista enfila a recta final da súa recuperación da escordadura de nocello sufrido en Ceuta.Non estiveron co grupo David Mella, en repouso deportivo após a súa intervención cirúrxica no seu xeonllo esquerdo; e Noubi, concentrado con Bélxica sub-21 para dous partidos nesta xanela FIFA.Antonio Hidalgo advirte que "todo o mundo está moi preparado na categoría e a diferenza da cabeza, de seguir crendo, é un paso moi importante".O técnico deportivista ademais apunta que no equipo "todo o mundo está a ver a competencia, a esixencia en todas as posicións. Se sacamos xogadores ao campo e renden a ese nivel será cousa tamén de entender os momentos de cada un, deses roles que son tan importantes para un equipo".Ve á xente no vestiario "enchufada. Os xogadores enfádanse por non xogar, é normal; pero cando saen ao campo renden, que é o que conta".

Os datos reflicten que o Dépor consolídase como un dos equipos que máis confía na mocidade en LaLiga Hypermotion. O conxunto branquiazul é actualmente o 2º equipo da categoría con máis xogadores sub-23 que superan os 1.500 minutos disputados, empatado con Málaga e Real Valladolid.En total, 5 futbolistas sub-23 do Dépor alcanzaron esa cifra de protagonismo ao longo da temporada. Trátase de Noubi e Barcia, ambos preto do 60 % dos minutos totais do equipo; Mella, que rolda o 65%; e Yeremay xunto a Mario Soriano, que superan o 95% de participación nos minutos disputados.Entre todos eles destaca especialmente Mario Soriano, que se sitúa como o 2º xogador sub-23 con máis minutos de toda LaLiga Hypermotion, moi preto do liderado que ocupa David Larrubia, do Málaga CF.O corpo técnico dispuxo, após unha activación con roda de pases, uns rondos, un xogo de posición, unha tarefa táctica e fútbol en espacio reducido.Bil e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este mércores 25 de marzo Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.


Resultados deste sábado 16 de maio en ANOSACANTEIRA feminina,...

Resultados deste sábado 16 en ANOSACANTEIRA, con título galeg...

ABANCA-RIAZOR homenaxea este domingo 17 a Cris Martínez, que ...

O Dépor recibe este domingo 17 de maio ás 14:00 en ABANCA-RIA...

O Dépor ABANCA goza dun fin de semana de descanso antes da re...

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...