RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor "segue adiante, facendo o que viñemos facendo até agora" nunha nova semana de competición con final en El Sardinero

DÉPOR · 14 OUTUBRO 2025

O DÉPOR "SEGUE ADIANTE, FACENDO O QUE VIÑEMOS FACENDO ATÉ AGORA" NUNHA NOVA SEMANA DE COMPETICIÓN CON FINAL EN EL SARDINERO

O Dépor, este martes 14 con xornada de descanso, "segue adiante, pensando en nós, facendo o que viñemos facendo até agora que nos foi ben" tal e como manifestou Dani Barcia en La Rosaleda, nunha nova semana de competición que arrinca este mércores 15 e concluirá ante o Real Racing Club en El Sardinero o domingo 19 de outubro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas).Sergio Escudero, tamén na zona mixta de La Rosaleda, pide "recuperar ben, traballar durante toda esta semana e preparar o partido coas máximas garantías de volver á vitoria".Os resultados da última xornada, coa derrota ante o Málaga CF, deixaron a Os Nosos na 2ª posición de LaLiga Hypermotion con 16 puntos.Antonio Hidalgo disporá de 4 sesións de traballa nos campos 2 e 3 do Dépor Training Center, con esta planificación:Mércores 15 de outubro10:30 h.Xoves 16 de outubro10:30 h.Venres 17 de outubro10:30 h.Sábado 18 de outubro10:00 h.Domingo 19 de outubro18:30: Real Racing Club - Deportivo, en El Sardinero