RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor suma un punto en El Plantío ante un Burgos CF que empatou cun penalti que se inventou o VAR

DÉPOR · 25 ABRIL 2026

O DÉPOR SUMA UN PUNTO EN EL PLANTÍO ANTE UN BURGOS CF QUE EMPATOU CUN PENALTI QUE SE INVENTOU O VAR

O Dépor empatou (1-1) co Burgos CF este sábado 25 de abril en El Plantío, en partido correspondente á 37ª xornada en LaLiga Hypermotion.Bil adiantou aos deportivistas ao cuarto de hora e empatou o cadro castelán grazas a un penalti inexistente que se inventou o VAR.Antonio Hidalgo manifestou que o partido foi "de moita tensión, moito ritmo".Con este resultado, Os Nosos sumam 65 puntos na segunda posición de LaLiga Hypermotion.Foi baixa por lesión David Mella; mentres que Bil, de novo titular, foi o representante de ANOSACANTEIRA.Respecto ao encontro do pasado luns en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés, Antonio Hidalgo dispuxo un cambio no once: Dani Barcia relevou a Loureiro na posición de central zurdo.O partido arrincou co guión previsto: bloque baixo do Burgos CF e posesión do balón deportivista."Empezamos moi ben, con esa situación de pornos por diante", recalcou o técnico deportivista.Adiantouse o Dépor ao cuarto de hora.Quagliata mete un balón ao corazón da área, o primeiro remate de Luismi tapónao a defensa pero Bil caza o balón solto e fusila a Cantero de socato."Está a darnos moitísimo, sobre todo a esa última liña, ese traballo sen balón. Os dianteiros viven do gol e está nun gran momento", comentou o técnico deportivista sobre o canterano.Este tanto tamén cambiou a decoración do encontro."A partir de aí o partido volveuse máis frenético. O Burgos CF empezou a presionarnos máis alto, a empuxar", apuntou o preparador branquiazul.No minuto 20 chega un disparo raso de David Gónzalez após unha deixada de Fer Niño na área. Atallou Ferllo.Á media hora, Fer Niño cabeceou lixeiramente fóra.Empatou o Burgos CF grazas a un penalti inventado polo VAR no minuto 43 por un inexistente lapote de Guagliata a un rival cando despexaba de cabeza un centro lateral. O colexiado do encontro, que pitara saque de esquina, esta vez si foi capaz de cambiar a súa decisión, dunha correcta a unha claramente incorrecta.Curro enganou a Ferllo na pena máxima e subiu as táboas, ao cabo definitivas.Antonio Hidalgo opinou na sala de prensa que "non temos claro a interpretación do VAR, cando téñenche que chamar e cando non. A min faime graza que falen desde outros sitios. Isto funciona así, cada un xoga as súas cartas".Xa no desconto, Mario Soriano disparou raso axustado á cepa dereita da portería burgalesa. Detivo ben Cantero.Foi a última oportunidade do primeiro tempo, ao que se chegou con empate (1-1).Após o paso polos vestiarios, Luismi estivo a piques de marcar nunha gran xogada persoal, na que se foi de varios rivais, pero o seu disparo raso, nunha posición moi escorada, foise lixeiramente cruzado.Antonio Hidalgo empeza a mover fichas. Escudero releva a Quagliata, que estaba amoestado,e no lateral zurdo.Precisamente de Escudero foron os dous seguintes disparos do Dépor, o primeiro alto e o segundo, raso, ás mans de Cantero.Pouco despois, Villares e Eddahchouri entran por Luismi e Bil.O Dépor esgotou os cambios ao relevar Loureiro e Jose Ángel por Ximo Navarro e Riki.O adestrador deportivista explica que o cambio de Ximo Navarro debeuse a unha sobrecarga: "Cremos que non é nada importante e cambiámolo por precaución".No minuto 78, Fer Niño cabecea un centro lateral que obriga a Ferllo a sacar a córner.No desconto, o ex deportivista Mollejo cabeceou ao traveseiro unha falta lateral mentres que Escudero a punto estivo de marcar nun potente disparo afastado que se marcha rozando o pau esquerdo da meta de Cantero.Con 1-1 concluíu o encontro."Foi un partido complicado, axustado da categoría. Estamos aí, pelexando. Na segunda parte púxosenos o partido máis controlado sobre todo coa saída de Escudero. Faltounos máis xente na última liña. Un punto e fóra de ABANCA-RIAZOR é moi positivo sumar", resumiu Antonio Hidalgo ante os medios de comunicación.Burgos CF: Cantero, Atienza, Sergio González, Grego, Fer Niño, Miguel, David González (Mollejo, min. 72), Aitor Buñuel, Curro (Marcelo, min. 91), Íñigo Córdoba (Appin, min. 65) e Morante (Galdames, min. 65)Deportivo: Ferllo, Ximo Navarro (Loureiro, min. 77), Lucas Noubi, Dani Barcia, Quagliata (Escudero, min. 60), Riki (Jose Ángel, min. 77), Mario Soriano, Alti, Luismi Cruz (Villares, min. 72), Yeremay e Bil (Eddahchouri, min. 72)Árbitro: Andrés Fuentes, do comité valenciano. Amoestou a Quagliata (min. 41), Bil (min. 44), Atienza (min. 45+4), Curro (min. 46), Morante (min. 49) e Dani Barcia (min. 79). Expulsou a Mario González con vermella directa (min. 30).Goles: 0-1 Bil (min. 16); 1-1 Curro, de penalti (min. 43)Incidencias: partido disputado en El Plantío ante case deportivistas que non deixaron de animar.