
DÉPOR · 9 ABRIL 2026
O DÉPOR ULTIMA O PLAN DE PARTIDO PARA EL ALCORAZ CON "AS COUSAS CLARAS, QUE ISO É IMPORTANTE"
O Dépor ultimou no campo 2 do Dépor Training Center o plan de partido para a visita á SD Huesca deste domingo 12 de abril ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) en El Alcoraz.Adrià Altimira afirmou ao recoller o Premio Estrella ao mellor xogador do mes de marzo que "aos poucos se vai vendo un gran equipo. Xa temos as cousas claras, que iso é importante"."Vaise vendo o estilo de xogo que imos tendo. Somos máis fiables tanto ofensiva como defensivamente", engadiu.Iso si, admite que "hai que ir puíndo pequenos detalles pero o equipo está contento, o staff tamén. Estamos contentos coa dinámica que estamos a coller. E a seguir así".O polivalente futbolista catalán opina que "isto nos vai a axudar a afrontar os últimos partidos, que van ser moi importantes".

A xornada arrincou cunha activación e un exercicio de posición con porterías pequenas en espazo reducido.Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA, con só Mella con traballo personalizado.Este venres, Os Nosos realizarán a última sesión da semana no Dépor Training Center posto que o sábado 11 de abril, o equipo adestrarase ás 17:30 na Base Aragonesa de Fútbol, cidade deportiva do club oscense.


Resultados deste sábado 16 de maio en ANOSACANTEIRA feminina,...

Resultados deste sábado 16 en ANOSACANTEIRA, con título galeg...

ABANCA-RIAZOR homenaxea este domingo 17 a Cris Martínez, que ...

O Dépor recibe este domingo 17 de maio ás 14:00 en ABANCA-RIA...

O Dépor ABANCA goza dun fin de semana de descanso antes da re...

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...