RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor volve ao traballo centrado en que "estamos a principios de febreiro. Pensar nunha cousa que poida pasar en maio é absurdo"

DÉPOR · 12 FEBREIRO 2025

O DÉPOR VOLVE AO TRABALLO CENTRADO EN QUE "ESTAMOS A PRINCIPIOS DE FEBREIRO. PENSAR NUNHA COUSA QUE POIDA PASAR EN MAIO É ABSURDO"

Despois da xornada de descanso de onte martes, o Dépor retomou os adestramentos esta mañá no campo 2 da Cidade Deportiva.Jose Ángel, após recoller o Premio ao Xogador Estrella do pasado mes de xaneiro, insiste, do mesmo xeito que Óscar Gilsanz en cada rolda de prensa, "en pensar no día a día. Pensar no CD Eldense (rival este domingo 16 de marzo ás 16:15 no Estadio Pepico Amat) e cando pase este partido, pensar no seguinte".Recalca que "estamos a principios de febreiro. Agora mesmo, pensar unha cousa que poida pasar a final de maio sería un pouco absurdo".O mediocentro andaluz, con ampla experiencia na categoría, advirte que "a salvación adoita estar en 50 puntos", polos 35 que agora mesmo suman Os Nosos.O corpo técnico dispuxo dunha activación con roda de pases, un exercicio de posición con 3 equipos, e un partido a medio campo para un grupo cunha tarefa de duelos para outro grupo de futbolistas.Escudero está con adestramento personalizado mentres que Alberto foi o representante de ANOSACANTEIRA.Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas.