
DÉPOR · 31 XULLO 2025
O DEPORTIVISMO BRILLA EN LONDRES
O deportivismo faise notar en Londres aproveitando a concentración de pretemporada de Os Nosos na capital inglesa.Este xoves, após finalizar o adestramento diario, o cadro de xogadores e técnicos ao completo dirixiuse a Kentish Town, na parte noroccidental da cidade, para un 'meet & greet' cos afeccionados branquiazuis no seu maior parte residentes, e pertencentes á populosa pena deportivista RCD London.

En que consiste un 'meet & greet'? Pois traducido ao noso idioma trátase dun encontro nun mesmo local entre seareiros e futbolistas dun equipo, neste caso o Dépor.O obxectivo deste tipo de actos, como o de hoxe xoves, é achegar aínda máis o equipo a #ANOSAFORZA e que afeccionados de todas as idades poidan charlar cos seus ídolos, fotografarse con eles...

Boa parte destes seguidores branquiazuis animaron onte desde a bancada de Vicarage Road no primeiro amigable ante o Watford e seguro que boa parte acudirá ao segundo amigable do Deportivo en Inglaterra, previsto para este sábado 2 de agosto ás 16:00 (hora galega, 15:00 hora local) en Middlesbrough.Sen dúbida, Londres xa é un chisco máis branquiazul.


Os Nosos aterran este domingo 6 de setembro ás 11:30 no Aerop...

Vitoria "brutal" do Dépor ante un Villarreal CF "de Champions...

Resultados deste sábado 5 en ANOSACANTEIRA, con goleada do Xu...

O Dépor ABANCA B arranca a liga en Segunda Federación coa vis...

El Fabril estréase este domingo 6 ás 12:00 ante o CP Cacereño...

O Dépor ABANCA visita este domingo 6 ás 12:45 ao UD Costa Ade...