RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Fabril encaixa con 2 minutos fatídicos no Couto ante a UD Ourense a súa segunda derrota consecutiva en liga

DÉPOR FABRIL · 1 NOVEMBRO 2025

O FABRIL ENCAIXA CON 2 MINUTOS FATÍDICOS NO COUTO ANTE A UD OURENSE A SÚA SEGUNDA DERROTA CONSECUTIVA EN LIGA

O Fabril caeu por 2-1 co UD Ourense este sábado 1 de novembro no Couto en partido correspondente á 9ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.O partido decidiuse en 2 minutos fatídicos, do 59 ao 61, grazas ao acerto do ex pontevedrés Rufo e de Gamarra.Con este resultado, o filial queda con 19 puntos á fronte da táboa, á espera de que este domingo 2 de novembro xoguen o resto dos seus perseguidores.Manuel Pablo tivo as baixas de Aarón, Noé, Manu Ferreiro, Samu pola sanción (viu a dobre amarela a pasada fin de semana ante o Oviedo Vetusta), Hugo Torres e Damián Canedo, que se sumou á expedición do Dépor de cara ao encontro en Zaragoza; pero si puido contar con Pablo García, Hugo Ríos, Íker Vidal, Fabi e Bil, que viaxaron co primeiro equipo a Bilbao con motivo da eliminatoria de Copa del Rey ante a UD Sámano.Destes 5, unicamente Íker Vidal e Bil foron titulares.Ademais de Pablo García, outros dous xuvenís, Íker Gil e Xavi Campos, completaron a citación.Pola súa banda, a UD Ourense do ex deportivista Borja Fernández, transita pola zona media da táboa.Esta semana, o conxunto rojillo chegou ao encontro co desgaste da Copa e a súa eliminación na quenda de penaltis polo Pontevedra CF de Primera Federación.Empezou o Fabril creando perigo á área de Vizoso, como un dobre remate ao cuarto de hora de Dipanda e Bil que sacou a defensa rojilla.Iso si, a UD Ourense non perdeu de vista a Brais Suárez, como un remate frouxo de Gamarra ás mans da meta Brais, substituto de Hugo Ríos na portería.O conxunto de Manuel Pablo adiantaríase no marcador no minuto 38. Nájera engancha un potente disparo desde a frontal ao que non pode responder Vizoso.O gol espoleou ao Fabril, que tentou conseguir, sen acerto, o segundo nun céspede cada vez máis castigado.Con 0-1 chegouse ao descanso.Após o paso polos vestiarios, Borja Fernández deu entrada a Jaichenco e ao dianteiro Rufo, ex goleador histórico do Pontevedra CF.E os ourensanistas lanzáronse a por o empate.Gamarra tívoo no minuto 57. Cabeceou libre de marca na área pequena un gran centro de Justino.Rufo igualou o marcador no minuto 59. Justino agarraches ás costas ao dianteiro, que bate no man a man a Brais Suárez.Co Fabril noqueado, Gamarra aproveita outro man a man ante Brais após unha asistencia de Rufo para lograr o segundo do seu equipo.Comezaba outro partido no Couto.Manuel Pablo daba entrada a Héctor Areosa e ao xuvenil Íker Gil por Nájera e Dipanda.Aos poucos o filial foi achegándose á meta de Vizoso.Aos 70 minutos, Bil non precisa o seu remate ao bordo da área pequena. O balón márchase desviado.Héctor Areosa non logra superar o corpo do porteiro Vizoso, quizais demasiado escorado, 2 minutos despois.Para imprimir maior ritmo ao xogo, e nun céspede xa impracticable en moitas zonas, Pablo García e Mario Hermo entran por Bil e Vilela, este con cartón amarelo.Domínguez, en combinación con Mario, rematou lixeiramente alto no minuto 77.Apertaba o Fabril.De novo Domínguez remata mal no minuto 81 na frontal da área un balón segundo víñalle.A UD Ourense tratou de frear ao Fabril a base de perdas de tempo en saques de banda, caídas ao chan... o outro fútbol.Polas dúas bandas, con Pablo García pola dereita e Héctor Areosa pola esquerda, tentou o Fabril levar o balón á área ante un rival que defendía xa con todos os seus xogadores.A UD Ourense, un equipo con xente veterana, soubo xogar ben as súas armas no desconto, afastar o balón da súa área e o Fabril xa non logrou crear máis perigo.O domingo 9 de novembro ás 12:00, o Fabril recibe no campo Arsenio Iglesias ao Bergantiños CF.UD Ourense: Vizoso, Varo (Noel, min. 79), Puime, Labrada, Simón Luca (Samu Pardo, min. 50), Parrilla, Champi, Justino (Miguel Fernández, min. 73), Busto (Rufo, min. 46), De Prado (Jaichenco, min. 46) e GamarraFabril: Brais, Quique Teijo, Vilela (Pablo García, min. 74), Malick, Vidal, Enrique Fernández (Pablo Cortés, min. 84), Garrido, Domínguez, Nájera (Héctor Areosa, min. 64), Dipanda (Íker Gil, min. 64) e Bil (Mario Hermo, min. 74)Árbitro: Ramón Collado Fernández, do comité asturiano. Amoestou a Nájera (min. 25), Vilela (min. 40), Quique Fernández (min. 82), Garrido (min. 89) e Rufo (min. 90+5)Goles: 0-1 Nájera (min. 38); 1-1 Rufo (min. 59); 2-1 Gamarra (min. 61)Incidencias: partido disputado no Couto correspondente á 9ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación