
DÉPOR FABRIL · 3 OUTUBRO 2025
O FABRIL ENCARA O PARTIDO DESTE SÁBADO 4 DE OUTUBRO EN ASTORGA EN ALERTA PORQUE "OS RIVAIS, CANDO GANAS MOITO, QUEREN SER OS PRIMEIROS EN GAÑARCHE"
O Fabril encara o seu segundo partido consecutivo lonxe do campo Arsenio Iglesias. Será este sábado 4 de outubro ás 17:30 no campo de La Eragudina ante o Atlético Astorga FC, correspondente á 5ª xornada en Segunda Federación.O filial, co triunfo da pasada fin de semana ante o Rayo Cantabria por 2-3, lidera a categoría con 12 puntos, os mesmos que o Real Ávila CF.Manuel Pablo, en rolda de prensa, subliñou que o liderado se xestiona "esixindo no día a día; tentando que non baixen a garda; e esixindo a todos, os que xogan, os que non xogan e os que non van convocados".Advirte que "os rivais, cando ganas moito, queren ser os primeiros en gañarche. Ninguén che vai a regalar nada. Mesmo a nivel mental e competitivo poden subir as súas prestacións. Temos que estar a un gran nivel se queremos manter esta xeira".Esta semana, até 3 fabrilistas adestráronse día día co primeiro equipo: Samu, Mane e Noé, que se estreaba co Dépor.Manuel Pablo valora esta circunstancia en sentido positivo: "Os que están a subir é porque os están vendo, están a ter un bo nivel. O míster quéreos coñecer. Para min é importante que a xente teña un rendemento no adestramento moi bo, o que fai que todos esteamos con ese nivel alto porque a xente está a apertar, incluso os que non están a ir convocados".Pola súa banda, o Atlético Astorga FC, que a pasada fin de semana venceu por 1-3 ao Real Valladolid Promesas e logrou o seu primeiro triunfo en liga, é 14º con 3 puntos.No seu campo, os leoneses buscarán tamén a súa primeira vitoria, posto que até a data caeron co Real Ávila CF (1-3) e o Coruxo FC (0-2).José Luis Lago, técnico do Atlético Astorga FC, admitiu que "viñamos dun ano no que gañabamos case todos os partidos. Estabamos afeitos gañar. E a xente pénsase que isto é cambiar a categoría e directamente conseguir os 3 puntos. Custounos coller ese ritmo, esa confianza á categoría".Lembra que, empezando xa este sábado polo Fabril, "o calendario métenos 4 filiais seguidos" e recalca que o triunfo en Valladolid "tennos que dar confianza para seguir traballando, para seguir crendo no que estamos a facer".

Definido o grupo da División de Honra para o Xuvenil A

El Fabril xa coñece aos seus rivais no grupo 1º de Primera Fe...

Silleda luce o seu DéporCampus, xa na súa 7ª edición

RC Deportivo: nova identidade, mesmo sentimento

O Dépor presenta a actualización do seu escudo nos Arcados da...

Suspendida este martes 23 de xuño pola calor a semifinal do A...