
CANTERA · 29 XANEIRO 2026
O FABRIL FC ALEVÍN SUPEROU AO SAN TIRSO SD ESTE XOVES 29 E O CADETE MÍDESE AO VICTORIA CF ESTE VENRES 30 NO DÉPOR TRAINING CENTER
Intensa semana de competición en ANOSACANTEIRA con varios partidos adiantados ao fin de semana.Este xoves 29, o Fabril FC Alevín (na foto inferior) venceu por 1-10 ao San Tirso SD no Monte, en partido adiantado correspondente á 17ª xornada na Primera Futgal A Coruña.Os fabrilistas son segundos na táboa con 42 puntos á espera do resto de partidos da xornada.Para este venres 30 de xaneiro queda o choque do Cadete (na foto principal da noticia), líder da División de Honra, ante o Victoria CF, ás 19:30 no Dépor Training Center.Este mércores 28, o Xuvenil A goleou por 4-1 ao Rayo Vallecano no campo Arsenio Iglesias no seu partido correspondente aos oitavos de final da Copa del Rey.O encontro foi retransmitido en directo pola .Íker Gil -2-, Lucas Castro e Guille foron os goleadores deportivistas.Agora, o equipo de Miguel Figueira visitará ao CD Tenerife nos cuartos de final. O vencedor desta eliminatoria clasificarase para a Final Four.Xa a fin de semana sobresae o partido do Fabril no Requexón ante o Oviedo Vetusta, o domingo 1 de febreiro ás 16:45.O liderado da Segunda Federación está en xogo: 41 puntos suman os fabrilistas por 39 os carbayones, segundos na táboa.Completa a xornada dominical o choque entre os dous clubs pero na División de Honra xuvenil, ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias.Neste caso tamén os deportivistas son líderes con 40 puntos por 36 do RC Celta, que ten un partido menos xogado.O sábado 31 de xaneiro xógase o groso da xornada.Como locais o San Tirso SD Cadete mídese ao ED Val Miñor Nigrán (11:15 no Monte), o Infantil ao CD Calasanz (12:30 no Dépor Training Center), o Alevín A ao UD Carral (10:30 na Torre) e o Benxamín A ao Sporting Cambre (10:30 na Torre).Finalmente, o Xuvenil B visita ao Coruxo FC (11:30 en Fragoselo), o San Tirso SD Infantil ao Victoria CF (10:30 na Grela 1) e o Fabril FC Benxamín ao San Tirso SD (13:00 no Monte).O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Segunda Federación21ª xornada: OVIEDO VETUSTA - FABRIL, o domingo 1 de febreiro ás 16:45 no RequexónClasificación: 1. Fabril, 41 puntos; 2. Oviedo Vetusta, 39 puntos...Categoría xuvenilCopa del Rey, oitavos de final (mércores 28): XUVENIL A 4 (Íker Gil -2-, Lucas Castro e Guille) - RAYO VALLECANO 118ª xornada: XUVENIL A - REAL OVIEDO, o domingo 1 de febreiro ás 16:00 no campo Arsenio IglesiasClasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 40 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), 36 puntos... 7. Real Oviedo, 22 puntos...20ª xornada: CORUXO FC - XUVENIL B, o sábado 31 de febreiro ás 11:30 en Fragoselo (Coruxo, Vigo)Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B (un partido menos), 52 puntos; 2. Xuvenil B, 50 puntos; 3. CD Choco (un partido menos) e Coruxo FC (un partido menos), 38 puntos...Categoría cadete17ª xornada: CADETE - VICTORIA CF, o venres 30 de xaneiro ás 19:30 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)17ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 31 de xaneiro ás 11:15 no MonteClasificación da División de Honra: 1. Cadete, 46 puntos; 2. RC Celta, 42 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán (un partido menos), 27 puntos... 5. Arosa SC (un partido menos), 25 puntos; 6. San Tirso SD Cadete (un partido menos), 24 puntos; 7. Ural Español CF, 22 puntos (un partido menos)... 10. Victoria CF (un partido menos), 18 puntos...Categoría infantil17ª xornada: INFANTIL - CD CALASANZ, o sábado 31 de xaneiro ás 12:30 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)17ª xornada: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 31 de xaneiro ás 10:30 na Grela 1Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 45 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 39 puntos; 3. RC Celta, 36 puntos; 4. San Tirso SD Infantil, 27 puntos; 5. CD Conxo Santiago, 26 puntos... 10. CD Calasanz, 17 puntos... 13. Victoria CF, 11 puntos...Categoría alevín17ª xornada: ALEVÍN A - UD CARRAL, o sábado 31 de xaneiro ás 10:30 na Torre (campo 1.2)17ª xornada: SAN TIRSO SD 1 - FABRIL FC ALEVÍN 10 (Manu Parada -2-, Pablo Gómez -2-, Martín Coronel, Pablo Couso, Marco Dios, Asier Ordax, Martín Martelo e César Leira)Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 43 puntos; 2. Fabril FC Alevín (un partido máis), 42 puntos; 3. Victoria CF, 40 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF (dous partidos menos), 37 puntos... 9. UD Carral (dous partidos menos), 19 puntos...Categoría benxamín17ª xornada: BENXAMÍN A - SPORTING CAMBRE, o sábado 31 de xaneiro ás 10:30 na Torre (campo 1.1)17ª xornada: SAN TIRSO SD - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 31 de xaneiro ás 13:00 no MonteClasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 48 puntos; 2. CD Calasanz (un partido menos), 38 puntos... 5. Ural Español CF (un partido menos), 31 puntos; 6. Fabril FC Benxamín, 33 puntos; 7. Victoria CF (un partido menos), 24 puntos... 14. Sporting Cambre (un partido menos), 6 puntos... 16. San Tirso SD (un partido menos), 2 puntos


Para o FC Andorra xa só quedan entradas dos abonados e abonad...

Stoichkov salienta o "ambiente espectacular" no vestiario e L...

Antonio Hidalgo: "O máis importante foi ter pausa"

Os Nosos pernoitan en Cádiz e regresan este sábado ao mediodí...

O Dépor vence ao Cádiz CF "cun partido moi completo" e mantén...

Antía Veiga, de novo no once inicial de España, non puido con...