RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O partido do Dépor ABANCA ante o FC Barcelona, declarado "Día DÉ..." A Muller

DÉPOR · 12 MARZO 2026

O PARTIDO DO DÉPOR ABANCA ANTE O FC BARCELONA, DECLARADO "DÍA DÉ..." A MULLER

O partido do Dépor ABANCA deste domingo 15 de marzo ás 12:00 (Dazn, GOL, TEN, TVG e 3Cat) ante o FC Barcelona foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." A Muller.Coincidindo co recentemente 8M ou Día Internacional da Muller, ABANCA-RIAZOR vivirá unha xornada moi especial dedicada ao fútbol feminino e ao recoñecemento da figura da muller como referente dentro do deporte.O encontro servirá tamén como marco para pór en valor o crecemento e a visibilidade do fútbol feminino, así como o traballo que se realiza desde a base até a elite.En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.