
DÉPOR · 16 ABRIL 2025
O PARTIDO DO DÉPOR ANTE O CD TENERIFE, DECLARADO "DÍA DÉ..." O NOSO DEPORTE
O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR deste domingo 20 de abril ás 21:00 ante o CD Tenerife (LaLiga TV Hypermotion) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." O Noso Deporte.Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes dos principais clubs deportivos coruñeses como o HC Liceo, Basket Coruña, CRAT Coruña de rugby, OAR Coruña de balonmán, 5 Coruña de fútbol sala, Voleibol Zalaeta, Viaxes Amarelle de fútbol sala, Maristas Coruña de baloncesto, HC Coruña Deportivo de hockey sobre patíns, Balonmán Brigantium, Waterpolo Coruña e 100 Tolos Esgrima.En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...