RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O RC Deportivo amplía o prazo de confirmación de asistencia para o partido de oitavos de final da Copa del Rey ante o Atlético de Madrid

CLUB · 8 XANEIRO 2026

O RC DEPORTIVO AMPLÍA O PRAZO DE CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA PARA O PARTIDO DE OITAVOS DE FINAL DA COPA DEL REY ANTE O ATLÉTICO DE MADRID

O RC Deportivo disputará os oitavos de final da Copa del Rey fronte ao Atlético de Madrid en ABANCA-RIAZOR, unha cita de máxima relevancia deportiva para a que o Club quere contar co apoio masivo do deportivismo nas bancadas. Co obxectivo de facilitar a máxima asistencia, o RC Deportivo decidiu ampliar o prazo de confirmación de asistencia até este sábado 10 de xaneiro, ás 12:00 horas. Esta medida permitirá unha mellor planificación do aforamento e favorecerá que o maior número posible de abonados e abonadas poida gozar dun partido tan especial. A confirmación de asistencia é un proceso totalmente gratuíto e garante que, unha vez realizada dentro do prazo establecido, o abonado ou abonada manterá o acceso ao encontro mediante o seu abono e no seu asento habitual. Como confirmar a asistencia -Online, a través da seguinte ligazón: -Presencialmente, na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) con este horario, de luns a xoves: de 9:15 a 13:30 h e de 15:00 a 18:00 h; e o venres de 9:15 a 14:00 h En caso de non confirmar a asistencia dentro do prazo indicado, o asento quedará liberado e aplicaranse as condicións habituais de liberación de asento. O abonado ou abonada poderá recuperar a súa localidade a través da web , a App oficial do RC Deportivo ou de forma presencial na OAD, sempre que non fose vendida até 24 horas antes do inicio do partido. Se o asento fose vendido, o titular percibirá o 50% do importe da venda, que se acumulará na súa conta virtual de liberación de asento ou no seu MoeDÉiro, en caso de telo activado. Así mesmo, aínda que se confirmou a asistencia, se finalmente non fose posible acudir ao encontro, o Club lembra que o asento tamén poderá ser liberado para que outro deportivista poida ocupalo. Quedan exentas de realizar este proceso as persoas con abono de maiores de 65 anos e os Socios de Ouro. Para calquera dúbida ou asistencia relacionada con este procedemento, o RC Deportivo pon a disposición a seguinte dirección de correo electrónico: [email protected]. O Club agradece unha vez máis o compromiso do deportivismo e anima a toda a afección a empuxar ao equipo en ABANCA-RIAZOR nunha noite que debe ser de #ANOSAFORZA.