
DÉPOR · 13 MAIO 2025
O RC DEPORTIVO BUSINESS CLUB E O RSG BUSINESS CLUB REÚNENSE NUN ENCONTRO CON MOTIVO DO PARTIDO DO DÉPOR EN EL MOLINÓN
O RC Deportivo Business Club e o RSG Bussiness Club by Empathy.co celebraron unha xornada conxunta con motivo do partido de LaLiga Hypermotion entre o Sporting de Gijón e o RC Deportivo disputado no Molinón este pasado sábado 10 de maio.Así, na Escola de Fútbol Mareo daba comezo o evento de unión entre os clubs de empresa do Sporting de Gijón e o RC Deportivo.

David Guerra, presidente do Sporting de Gijón, deu a benvida aos membros dos clubs de empresas nas súas instalacións. Estes gozaron dun breve percorrido polas mesmas e unha dinámica de presentacións.Posteriormente desprazáronse ao Restaurante Kraken, no Bioparc Acuario de Gijón, lugar onde se gozou dun cóctel para fomentar a interacción entre ambas as expedicións empresariais.O evento tivo a súa continuación en El Molinón. El Picofino Lounge, a zona de hospitality do palco vip do RSG Business Club by Empathy.co, foi o punto de encontro dos empresarios. Desde esta zona gozaron do partido de LaLiga Hypermotion entre o Sporting e o Dépor.Reuníronse case 40 empresas de ambos os clubs e máis de 50 empresarios. Paulo Dinís, Director de Negocio do RC Deportivo, e Fábio Ruaro, Director de Negocio do Sporting de Gijón, recalcaron a importancia de realizar este tipo de encontros e as sinerxías que se poden crear entre comunidades tan afíns.


O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...