
DÉPOR · 9 NOVEMBRO 2025
O SEGUNDO BRAZALETE SOLIDARIO, POLA LOITA CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL, FOI PROTAGONISTA ANTE A CULTURAL LEONESA
O segundo brazalete solidario, que portou este sábado 8 de novembro ante a Cultural Leonesa en ABANCA-RIAZOR o capitán do Deportivo, Diego Villares, estivo dedicado á loita contra a exclusión social, simbolizada na asociación Dignidad Galicia.O Club quere desta forma recoñecer o seu valioso labor social en favor das familias en risco de exclusión social e en favor da infancia.

O RC Deportivo e a RC Deportivo Fundación pon en valor o compromiso de Dignidade Galicia na construción dunha sociedade xusta e solidaria.O proxecto Brazaletes Solidarios é unha iniciativa innovadora e con alto valor social, deseñada pola RC Deportivo Fundación para dar visibilidade a distintas causas solidarias ao longo dos 10 meses de competición da temporada deportiva.O primeiro deles tivo a FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) como protagonista, unha "entidade de ámbito autonómico, que agrupa a todas as entidades que traballan con enfermos mentais e as súas familias".


Os Nosos aterran este domingo 6 de setembro ás 11:30 no Aerop...

Vitoria "brutal" do Dépor ante un Villarreal CF "de Champions...

Resultados deste sábado 5 en ANOSACANTEIRA, con goleada do Xu...

O Dépor ABANCA B arranca a liga en Segunda Federación coa vis...

El Fabril estréase este domingo 6 ás 12:00 ante o CP Cacereño...

O Dépor ABANCA visita este domingo 6 ás 12:45 ao UD Costa Ade...